Temas: ENTROIDO

Moito Entroido malia a chuvia e o vento

Galicia celebra o Entroido a pesar do mal tempo, que obrigou a aprazar actos en Pontevedra, O Barco e Manzaneda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2018 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O Entroido encheu este martes as rúas galegas a pesar do vento e a choiva que azouta case todo o territorio, con diversos actos e desfiles de carrozas. A pesar diso, a climatoloxía adversa obrigou a suspender e aprazar actividades nalgúns puntos da xeografía.

Entroido en Vilariño de Conso (Ourense)
Entroido en Vilariño de Conso (Ourense) | Fonte: Europa Press

No Barco, as choivas obrigaron a aprazar ata o domingo o desfile de comparsas, que será ás 17.30 horas, mantendo o percorrido previsto.

Así mesmo, na Rúa tiveron que trasladar as comparsas ao pavillón municipal, mentres que en Manzaneda se suspendeu o tradicional desfile de 'fulións', previsto inicialmente para a mañá do martes, aínda que si se puido celebrar o 'xantar' popular.

O mal tempo tamén afectou a programación de prevista en Pontevedra. A pesar de non ser o día de actos máis importante, si se aprazou até o sábado a 'Festa Pirata do Entroido Infantil' e a 'Noite Pirata'.

A pesar diso, a maioría de localidades galegas celebraron as festas e comparsas sen rexistrar incidencias reseñables. Xinzo de Limia acolleu unha alborada da Banda de Gaitas e actuacións de charangas, ademais do Gran Desfile de Carrozas e Comparsas.

Laza acolleu a saída dos 'peliqueiros veteráns' durante a mañá e diversas ruadas con charangas, ademais do desfile de carrozas pola tarde. Do mesmo xeito, Verín tampouco rexistrou problemas, e celebrou o desfile de máscaras e disfraces ás 16.30 horas, entre outros actos.

O ENTROIDO NAS CIDADES

Santiago tamén mantivo o desfile a pesar das choivas, que saíu da avenida de Ferrol sobre as 17.30 horas, e A Coruña celebrou os seus actos previstos, o 'Entroido choqueiro', con ofrendas florais e concursos de disfraces.

Os concellos de Ourense e Ferrol tamén celebrou os seus actos con normalidade. Este último destacou que as rúas "estaban cheas de xente" apoiando ás comparsas e gozando da verbena. Pola tarde, a praza de Amboage acolleu unha festa infantil con talleres de maquillaxe e maxia.

Vigo, pola súa banda, acollía uns concursos de disfraces na lonxa, e pola noite celebra a queima do 'meco' na Porta do Sol.

Temas: ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta