O Parlamento reclama por unanimidade unha redución do IVE do 10 ao 4% de compresas, tampóns e copas menstruais

O Parlamento galego acordou por unanimidade instar á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para demandar a redución do IVE sobre os produtos coñecidos como de hixiene íntima (compresas, tampóns e copas menstruais) do 10% ao 4%.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2018 | Actualizada ás 17:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Parlamento galego acordou por unanimidade instar á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para demandar a redución do IVE sobre os produtos coñecidos como de hixiene íntima (compresas, tampóns e copas menstruais) do 10% ao 4%.

A iniciativa, que partiu do BNG e foi aprobada co voto a favor de todos os grupos, tamén pide a elaboración e remisión ao Parlamento galego dun informe sobre as actuacións levadas a cabo para o cumprimento desta demanda.

En terceiro lugar, require á Xunta "desenvolver, no ámbito das súas competencias, a divulgación das alternativas ás compresas e tampóns e das súas vantaxes económicas e de respecto ao medio ambiente nas súas campañas informativas, especialmente as desenvolvidas ou destinadas a centros educativos e de mocidade".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta