Anova "redobra" a súa aposta polas mareas e avisa que deixar a unidade sería unha "alegría" para o PP

Antón Sanchez: "Se somos capaces de volver funcionar con ese espírito de 2015, o PP pode estar moi preocupado"

Por E.P. | Teo | 17/02/2018 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista celebra este sábado en Teo (A Coruña) unha conferencia política que servirá para "redobrar" a súa aposta pola unidade popular e as 'mareas' municipalistas coa vista posta nas eleccións locais do próximo ano; cando, segundo declarou o seu portavoz nacional, Antón Sánchez, a esquerda rupturista debe recuperar "a xenerosidade, o diálogo e a comprensión" que serviu para irromper na política local en 2015.

Conferencia política de Anova
Conferencia política de Anova | Fonte: Europa Press

"A mellor alegría que lle podemos dar ao PP é que non funcionásemos con esta xenerosidade e unidade. Se somos capaces de volver funcionar con ese espírito de 2015, o PP pode estar moi preocupado porque pode sufrir outra severa derrota", aseverou Sánchez no arranque da xornada que se celebra na localidade das aforas da capital galega.

Alí, a formación nacionalista culmina un proceso que levou aos seus líderes a manter encontros coa militancia e a cidadanía por diferentes puntos da xeografía galega para solicitar propostas e analizar un contexto social e político que vén marcado pola "deriva autoritaria" do Estado español coa súa actuación na crise catalá e "o intento de consolidar o modelo da precaridade, a explotación e a falta de esperanza para a xente".

Para Sánchez, as eleccións locais previstas para o próximo ano poden marcar un punto de inflexión á hora de "abrir un novo ciclo de cambio político para derrotar o PP" que, ao seu xuízo, "empobrece un país menguante polas súas políticas".

"Queremos outra primavera como a de 2015", incidiu o líder de Anova e viceportavoz parlamentario de En Marea, que remarcou que a formación nacionalista "redobra" a súa aposta polas mareas municipalistas para unhas eleccións locais nas que fixa como obxectivos "consolidar os gobernos do cambio" e "desbancar ao PP de moitos concellos".

Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova
Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova

E é que, segundo Sánchez, os consistorios gobernados polos populares "son parte do problema para o país", xa que son "sumisos" tanto á "inxerencia" do Goberno do Estado nas súas contas como "ás políticas de Feijóo de debilitar a autonomía municipal".

APARCAR "LÓXICAS DE PARTIDO"

Así as cousas, Sánche chamou a que as mareas municipalistas, desde a súa "autonomía", sexan quen "lideren" este proceso, no que os partidos deben actuar como "motores auxiliares" e deixar aparcadas as "lóxicas de coalición" e os "intereses de parte".

Segundo Sánchez, que imperen estas dinámicas dos partidos da esquerda rupturista na configuración das candidaturas municipalistas para 2019 "sería debilitar" o espazo de unidade popular e dar "un paso atrás respecto de 2015".

"Sería unha irresponsabilidade dar esa vantaxe á dereita", remarcou Antón Sánchez, que reivindicou que "a unidade, a xenerosidade, o diálogo e a comprensión" dentro do espazo político das 'mareas' son "fundamentais para derrotar o PP".

Deste xeito, aclarou que Anova é "moi respectuosa" coas demais organizacións que forman "o espazo" das candidaturas de unidade popular, pero cre necesario que quen tome as decisións sexa "a xente que se reúne ao redor dun proxecto" para o seu municipio e non que estas atendan a "unha política de coalición" impulsada desde as organizacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Ni Unidos Pudisteis

A outra vez non chegaron a 100 e desta non hai nin 20 polo menos non remataron a hostias como a vez anterior. Con unidades así para que queres escisións.

1 Manzaneda

O proxecto de anova está morto, cada dia somos maís os que o abandonamos, logo de espertar moita ilusión. Moitos vamos para a casa, outros seguiran, pero dende logo non é lóxico que somentes xunten nunha xuntanza deste tipo 20 persoas,

1 Greenleaves

Xa, xa pero ben que vos encargastes de destruir o galeguismo ou tentalo. Alguns seriades candidos pero outros sabian moi ben o que facian e os porques. Se sumaredes duas e duas vos tamen o saberiades e decatariavos de por quen vos deixastes usar.