Feijóo reivindica o traballo dos 'populares' galegos fronte aos que só se "tiran os mobles á cabeza"

O presidente do Partido Popular de Galicia e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou os resultados obtidos nas eleccións autonómicas de 2016 para aspirar a revalidalos nas municipais de 2019 nas que confía no apoio dos galegos fronte aos "charlatanes" das outras formacións que xa non teñen o valor da "novidade" e que "só" se reúnen para "tirarse os mobles á cabeza".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2018 | Actualizada ás 16:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular de Galicia e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou os resultados obtidos nas eleccións autonómicas de 2016 para aspirar a revalidalos nas municipais de 2019 nas que confía no apoio dos galegos fronte aos "charlatanes" das outras formacións que xa non teñen o valor da "novidade" e que "só" se reúnen para "tirarse os mobles á cabeza".

Acto 'Facendo Galicia desde os Concellos'
Acto 'Facendo Galicia desde os Concellos' | Fonte: Europa Press

Na clausura do acto denominado "Facendo Galicia desde os Concellos", celebrado polo PPdeG na Cidade da Cultura do Santiago, Feijóo puxo en valor a capacidade do partido de reunir "de forma case improvisada" a preto de mil representantes municipais, para "seguir aprendendo" e preparar as eleccións municipais de 2019, como un "partido das propostas" fronte a "outros que só se dedican a criticar" e que utilizan "as reunións para tirarse os mobles á cabeza".

"Calquera dos demais partidos cambiaríase por nós sen dubidalo un segundo", agregou.

Feijóo volveu a reivindicar o "orgullo" de ser o partido que "tende pontes entre xeracións de veciños" e que "nunca separa os pés da terra", fronte á "Galicia das taifas do PSOE, a Galicia paralizada das mareas nas que o único que crece son os seus amigos, fronte á Galicia irreal do BNG onde o carné de galego está reservado para os seus militantes, ou fronte aos partidos do non a Galicia".

"TOQUE DE ATENCIÓN" DAS ELECCIÓNS DE 2015

No acto enmarcado no traballo de cara ás municipais de 2016, Feijóo tamén quixo pór de relevo os datos obtidos polo PP nos comicios locais de 2015 en Galicia, cun 36% dos votos e un 49% dos concelleiros, ilustrando así que o que para o PPdeG "foi malo para outros sería un éxito sen precedentes".

Con todo, admitiu que os resultados das eleccións de 2015 foron un "toque de atención" que atribuíu a "moitos factores", que levaron a perder a "alcaldes bos", pero puntualizando a continuación que en "outros casos" si houbo unha "perda justificada".

Uns datos que, asegurou, levaron aos 'populares" a aceptar "con humildade os seus erros", a realizar "unha gran renovación en Galicia" e a saír á rúa "a propor", con accións que frutificaron nas eleccións autonómicas de 2016, nas que revalidou a súa maioría absoluta á fronte da Xunta de Galicia con "case un 48% dos votos.

Nesta liña, reivindicou en varias ocasións no seu discurso a necesidade de "non caer na autocompracencia", porque os galegos forman un "pobo que ten memoria", no que "nunca triunfaron os charlatanes, porque os galegos son máis de facer que de dicir, aquí nunca triunfaron as propostas irreais ou irrealizables", nin "as sopas de siglas nin os profetas da confusión".

"Aquí non nos deixamos enganar", aseverou, reivindicando así "os partidos políticos serios, realistas, que non pretenden gobernar cando perden, que non din unha cousa e fan outra".

"As MAREAS XA NON TEÑEN O VALOR DA NOVIDADE"

As formacións das Mareas centraron parte dunha intervención na que resaltou que "en 2015 obtiveron votos moitos partidos que presentaban como principal valor a novidade", que "eran descoñecidos", pero ás "que tres anos despois, canto máis os coñecen os galegos máis se dan conta de que menos se pode confiar neles".

Así, relatou que "un país máis xusto, como falaban, é o mellor para os seus militantes, os seus familiares e amigos, cando dicían que hai que mudalo todo, dicían que hai que paralo todo", concluíndo que "as Mareas que están nos Concellos co apoio imprescindible do PSOE e do BNG conseguiron mudar a ilusión en decepción"

PROPOSTA DE REFORMA ELECTORAL

Finalmente, tamén fixo referencia á proposta de reforma electoral dos grupos da oposición, definíndoa como "a proposta dos que perden" para que "sigan gobernando os que perden", e prognosticando que "por moitas propostas que fagan non van poder calar a voz dos galegos cando votan".

"Para volver repetir o éxito das autonómicas, demostraremos que temos un proxecto para os galegos, que temos a lección aprendida e que non imos a un Concello a aprender, e que Galicia se fai desde os Concellos", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta