En Marea insta á Xunta "recuperar" o Pazo de Meiras e rexeita que os Franco "fagan cartos a conta dun espolio"

En Marea instou á Xunta a "tomar cartas" ante a intención da Familia Franco de vender o Pazo de Meiras para "recuperar" este ben de interese cultural (BIC) para o patrimonio público e "evitar" que os herdeiros do ditador "fagan carto a conta dun espolio realizado a punta de pistola".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2018 | Actualizada ás 17:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

En Marea instou á Xunta a "tomar cartas" ante a intención da Familia Franco de vender o Pazo de Meiras para "recuperar" este ben de interese cultural (BIC) para o patrimonio público e "evitar" que os herdeiros do ditador "fagan carto a conta dun espolio realizado a punta de pistola".

Antón Sánchez, no Parlamento
Antón Sánchez, no Parlamento | Fonte: Europa Press

Nun comunicado remitido aos medios este sábado despois de coñecerse que a familia estuda a venda deste inmoble, o viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, considerou que "sería unha burla" que a familia Franco fixese diñeiro a conta do espolio realizado polo ditador".

"A Xunta está obrigada a mollarse dunha vez e defender o patrimonio dos galegos en lugar de facer tempo para que a familia Franco poida manobrar e gañar diñeiro a conta dun espolio", manifestou o parlamentario.

Neste sentido, mostrou o seu apoio ás iniciativas que leva a cabo o Concello de Sada e as plataformas en favor da recuperación do Pazo de Meirás como patrimonio público. Así mesmo, avanzou que En Marea pedirá no Parlamento de Galicia unha "actuación rápida" por parte da Xunta ante esta situación.

Con este obxectivo, entre outras cuestións, reclamará, do mesmo xeito que fixo o Concello de Sada, que se reúna a comisión de expertos sobre o Pazo de Meirás para concluír as posibles alternativas que permitan que este ben de interese cultural pase ao patrimonio público.

Por último, considerou que o Partido Popular debería "manifestarse e demostrar a favor de quen está: se a favor de que o pazo sexa dos galegos ou se está a defender os intereses da familia do ditador".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manic

Falaba fai uns días Alexandra no Parlamento... preguntaba por qué tratan diferente aos galegos con respecto a Euskadi e Cataluña. Resposta clara: en Galicia votamos PPSOE-Podemos. En Catalunya e Euskadi votan partidos soberanistas: Bildu, PNV, ERC, CUP, CiU... Votan diferente e o trato é diferente. Alexandra mete os votos na Complutense