A demanda colectiva contra Abanca polas cláusulas chan quedará vista para sentenza este martes

A demanda colectiva da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) agrupa a máis de mil prexudicados

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2018 | Actualizada ás 11:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña estableceu para este próximo martes, 20 de febreiro, ás 12,00 horas, a celebración da audiencia previa da demanda colectiva presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) contra Abanca Corporación Bancaria, S.A. polas denominadas cláusulas solo.

Piso, pisos, vivenda, vivendas, casa, casas, aluguer, compra, hipoteca
Piso, pisos, vivenda, vivendas, casa, casas, aluguer, compra, hipoteca | Fonte: Europa Press

Segundo informou a Asociación, debido a que as probas son só documentais, que xa foron achegadas ao procedemento ou poden aportarse durante a audiencia, unha vez terminada esta non se sinalará xuízo. Deste xeito, a demanda quedará vista para sentenza.

A Asociación de consumidores sinala que o propósito da audiencia previa é o de tentar alcanzar un acordo ou transacción entre as partes, examinar as cuestións procesuais que poidan impedir proseguir o proceso e concluílo mediante sentenza, fixar con precisión o obxecto da demanda e os extremos de feito e de dereito sobre os que exista controversia, propor e admitir proba e examinar as cuestións que, con carácter excepcional, poidan exporse.

ACOUGA agrupa a algo máis dun milleiro de prexudicados nunha demanda colectiva que foi admitida a trámite polo xulgado en febreiro de 2016, e coa que se pretende a devolución "do diñeiro cobrado de máis" aos clientes con préstamos hipotecarios, con anterioridade a maio de 2013, data á que o Tribunal Supremo limitaba a retroactividade.

A sentenza foi revisada e finalmente anulada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea en decembro de 2016, que tamén impuxo o pagamento de xuros de mora a prol dos prexudicados.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta