As grandes cruces franquistas que non se derruban a pesar da Lei da Memoria Histórica

Vigo e Callosa de Segura, no concello de Alacante, están separadas por máis de mil quilómetros, pero son noticia porque en Vigo aínda se conserva unha cruz dos Caídos, que foi retirada a pasada semana en Callosa de Segura.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/02/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Manuel Monge, ex presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña publica no GC Aberto, a sección aberta a cidadáns e colectivos, un artigo no que pon enriba da mesa a distinta actuación do PSOE en relación ao cumprimento da Lei da Memoria Histórica. 

Cruz franquista do Monte Castro, en Vigo
Cruz franquista do Monte Castro, en Vigo | Fonte: Galipedia

Así, contrapón as disintas posicións que existen no PSOE sobre esta cuestión e lembra que, mentres o alcalde de Callosa de Segura, en Alacante, decidiu retirar unha cruz franquista, a de Vigo segue aínda en pe, e cun recurso no TSXG por parte do concello tras pedir a Asociación Viguesa pola Memoria do 36 a súa retirada en cumprimento dunha lei impulsada polo goberno de Zapatero. Todo o seu artigo no GC Aberto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Xan Fernández

O que non entendo é como en Galicia hai monumentos dedicados a un asasino terrorista como o Che Guevara,

1 J.Raismen

Os da Coruña e bisbarra conocemos un, que fixo o Concello de Oleiros a petición do seu alcalde Anxel García Delane fai bastantes anos na carretera de Santa Cristina a Santa Cruz, nunha rotonda, miro a ver DSi encontró unha foto e a punluco

3 Nexus 6

La Historia es tozuda. Esa Cruz, representa al bando vencedor, tan intolerante, violento y antidemocrático como lo hubiese sido el bando contrario en caso de haber vencido (y pruebas de ello permanecen vivas todavía en el recuerdo de muchos). Representa a muchos gallegos que murieron por defender esas ideas y ese modelo de convivencia que querían para su país (España). Lo mismo que los muertos del bando contrario pensaban que hacían en la sinrazón de la guerra. Juzgar desde los valores del presente, las ideologías y la sociedad del pasado no puede hacerse sin distorsionar la realidad y manipularla en base a oscuros (o claros) intereses.

1 nostrus

En cualquier caso son una huella y un testigo de la historia y que no podremos cambiar por mucho que nos empeñemos. En Alemania aun se conservan campos de concentracion que sirven para que generaciones futuras sean conscientes de la barbarie del pasado. Tambien habria que destruir los monumentos romanos porque fueron hechos por escalavos.

2 José

Entre Nexus e Nostrus non sei con cal quedar.., supoño que co replicante Roy Batty. Eu, que son de Vigo e levo vendo a pu-ta cruz esa desde que nacín, non a botaría de menos se a derrubasen, cumprindo a lei. Me suda la p... a relixión, do Cristo ou do Lug, pero aos que non tolero son aos chupópteros da Igrexa ou aos mea-pilas que os domingos van purificarse e ao voltar xa lle están arreando aos fillos. Vos, ambolosdous, seguro que medrastes arroupadiños polos cregos, non si...?

3 nostrus

Non José, eu non creo en Deus e para min os cregos merecen o mesmo respeto que os nacionáticos sempre que non salpiquen a ninguén. Si nos deixamos guiar polo rexeitamento que nos pode dar un monumento, enton non quedaria nada, porque si te fixas, hai moitas catedrais, pontes, ruas, ctr, que foron feitas por esclavos e si derrubamos todo o que nos noxenta non haberia nada. Pero ao mesmo tempo todas esas cousas forman parte da historia e axudan a configurar a nosa identidade forxada durante séculos gústenos ou non e suprimir algunha delas significa suprimir algo da historia, gustenos ou non. Nonj debes consentir que o teu fanatismo nacionático che nuble a vista e a razon.

4 José

Pois si, o que temía, polos cregos e ademáis do Opus Dei, variante Club Dorna, La Estila ou similar. Teño que recoñecer que vas mellorando co inxenio.

2 devagar

Hai que dicir que a primeira coorporación democrática viguesa, xa no 79, decidiu cambiar xa daquela todos os nomes de rúas franquistas, e no caso da cruz, retirouse o texto que había, que non podo dicir que era, pero sería un "Viva España y sus caídos" ou semellante, pero decidiron manter a cruz por respeto. Quero dicir con isto que no seu tempo houbo un debate, no 79, e realmente Vigo foi pioneira, pero nese debate a cruz mantívose. Agora hai outra forma de ver as cousas, e pode que si, que sobre a cruz, construída polo fascismo, pero que nese aspecto, a cidade non é nada rancia malia todo

1 ILDIVO

¿Monge é mestre de escola, non?