Carballos, acivros ou castiñeiros para restaurar os montes queimados

O ‘Colectivo Rexeneración Autóctona Val propúxose rexenerar simbólicamente os montes de Couso con especies autóctonas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/02/2018 | Actualizada ás 09:51

Comparte esta noticia

O que o home quitou tamén o pode poñer. E, con esa filosofía, uns trinta voluntarios do Colectivo Rexeneración Autóctona Val sumáronse a unha iniciativa para tentar rexenerar os montes queimados na vaga de outubro pasado por especies autóctonas.

O Colectivo Rexeneración Autóctona Val reforesta con carballos, acivros ou castiñeiros o Monte Facho
O Colectivo Rexeneración Autóctona Val reforesta con carballos, acivros ou castiñeiros o Monte Facho

Así, decidiron plantar carballos, castiñeiros, acivros, loureiros ou abeleiras, aportadas polo colectivo, nos montes de Couso, nas ladeiras do Monte Facho.Ao mesmo tempo, o Concello de Salceda de Caselas promoveu unha iniciativa para que as comunidades de montes do mesmo coñezan outros xeitos de explotación alternativos ao eucalipto. 

Xosé Antón Araúxo, presidente da Comunidade de Montes de Couso acompañou aos representantes a unha visita onde lles explicou as iniciativas que están a levar adiante: plantación de froitos vermellos,planta de produción de sitake e explotación alternativa de madeira.

Neste espazo o ‘Comando Ghichas’ recolleu tamén sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque Autóctono e a loita contra os incendios forestais, campaña iniciada  o pasado 20 de decembro pola plataforma “Cousa de Raíces” a iniciativa do grupo ecoloxista ADEGA.

Do medio colaborador vigoalminuto.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta