O 061 atendeu a 58 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana en Galicia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 58 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega. O venres, con 22 sinistros, foi a xornada con máis incidentes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2018 | Actualizada ás 10:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 58 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega. O venres, con 22 sinistros, foi a xornada con máis incidentes.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Europa Press

Segundo informa o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 16 de febreiro e as 23,59 horas do domingo un total de 52 chamadas en relación con accidentes de circulación.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 56. En concreto, as ambulancias realizaron 52 asistencias e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en catro sinistros.

En 52 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasiones recibiron atención no lugar do accidente sen necesitar traslado.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 65 por cento e a de mulleres reduciuse ao 35 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 46 por cento dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

A Coruña foi a provincia que rexistrou máis accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana, con 18; seguida de Pontevedra, con 16; Lugo, con seis; e Ourense, con catro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta