A sexta edición do Festival Atlántica une a Galicia con África, Portugal e Camerún

A nova edición será entre o 13 e o 18 de marzo e desenvolverase nos concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Vigo, Ferrol, Lalín, Teo e Pazos de Borbén.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/02/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Un total de 25 contadores de Camerún, Brasil, Portugal, Xaén, Tenerife, Madrid, Salamanca, Zamora, Valencia e Galicia protagonizarán máis de 50 actuacións dentro da sexta edición do Festival Atlántica, que se vai celebrar entre os días 13 e 18 de marzo, e que xa se consolida no panorama cultural galego.

Presentación do sexto festival Atlántica
Presentación do sexto festival Atlántica | Fonte: Festival Atlántica

Como en edicións previas, Atlántica volve programar actuacións para todos os públicos e haberá de novo espectáculos para adultos, mais tamén para cativos, que se van desenvolver nas escolas e nos centros socioculturais dos concellos participantes. O carácter inclusivo do festival reafírmase coas sesións de contos para bebés e co espectáculo en lingua signada. Ademais, este ano recunca unha das actividades que mellor acollida tivo na pasada edición: os contos na rúa con Manuel Gago. E como novidade, a Banda de Música de Santiago de Compostela vai ser parte activa dun dos espectáculos programados.

A presentación tivo lugar este luns coa presenza de Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mª del Pilar Pérez Faxil, concelleira de Cultura e Educación de Teo, Lara Rodríguez, concelleira de Cultura de Lalín, Andrés Iglesias Rodríguez, alcalde de Pazos de Borbén, e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.

MÁIS SEDES

Na súa intervención, Felloza destacou que este ano o Festival “segue a ampliar as súas sedes e vai levar espectáculos ata oito cidades”. Trátase dos concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Vigo, Ferrol, Lalín, Teo e Pazos de Borbén. Desta volta Atlántica vai desenvolver unha intensa actividade da que dan fe as cifras proporcionadas pola directora do encontro: “sete días, 25 artistas e 52 funcións”. Este medio centenar de espectáculos aínda pode medrar porque faltan por pechar actuacións nos centros de ensino.

Ademais, Atlántica vai ocupar espazos moi diversos. Aos habituais teatros, bibliotecas, escolas e centros cívicos, vanse sumar agora máis Centros Cívicos, as prazas, as rúas, os bares, os museos e os centros de arte de Compostela en colaboración co concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta