A vicepresidenta da Deputación da Coruña ve "opcións" de recuperar o Pazo de Meirás

A Xunta Pro Devolución reunirase o 1 de marzo e analizará senllos informes que van "nesa liña"

Por E.P. | A CORUÑA | 20/02/2018 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, considerou que hai "opcións" de recuperar o Pazo de Meirás para o dominio público, expuxo coincidindo coa súa presenza na presentación da Gala Rosalía de Castro.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás | Fonte: Europa Press

En concreto, confirmou que a Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás se reunirá o 1 de marzo, ás 10,00 horas, e que na reunión se presentará "un informe histórico e outro xurídico" sobre o inmoble.

Deles, avanzou que incluirán "novidades importantes. "En liña de recuperar o Pazo para o dominio público", sinalou a vicepresidenta provincial, para quen existen "opcións" de logralo.

Por iso, considerou necesario que todas as administracións traballen "nesta liña". "Non se entendería que houbese unha administración que estivese disposta a pagar unha cantidade por un ben que foi obxecto dun espolio", expuxo tamén.

"PROVOCACIÓN" DO FRANCO

Mentres, sobre a posible venda do inmoble, dixo que "a familia Franco lanza un globo sonda ou está a facer unha provocación total ao conxunto da poboación porque saben do clamor social que hai para a devolución do Pazo".

A iso, sumou a existencia dunha r"esposta institucional", incidindo ademais en que hai "informes que avalan" a recuperación do edificio para o patrimonio público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Que concrete. Si la recuperación pasa por declarar nulo el Franquismo, que tengamos que confirmar las licencias de obras que se dieron en ese tiempo, las partidas de defunción y cualquier otro acto jurídico, me parece que no les sientan bien esas flores que cualquiera diría que fuman.