A Xunta apoiará "todo aquilo que permita" incorporar á propiedade pública o Pazo de Meirás

O conselleiro de Cultura precisa que "todas as posibilidades xurídicas" están en estudo no marco da Comisión de Expertos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2018 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmouse en que o Goberno galego está disposto a apoiar "todo aquilo que permita" que se incorpore á propiedade pública o Pazo de Meirás. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, precisou que as distintas "posibilidades xurídicas" están a ser sometidas a estudo no marco da Comisión de Expertos.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás

Así se pronunciaron tras presentar nun acto en Santiago a imaxe institucional da Xunta con motivo do 8 de marzo, despois de transcender que un informe xurídico, encargado pola Deputación da Coruña, determina que a venda do pazo a Francisco Franco foi "simulada" e avala "a súa nulidade".

Neste sentido, e dado que a institución provincial que o encargou defende que sexan "un conxunto de administracións" as que inicien a vía civil para tratar de que se anule a compravenda, Rueda contestou que a Xunta "sempre" afirmou que, "dentro do ordenamento xurídico" para ser "eficaces", está disposta a apoiar "todo aquilo" que permita incorporar o inmoble á propiedade pública.

A continuación, afirmou que "todas as achegas son positivas" e avanzou que a Xunta apoiará "sen ningunha dúbida" calquera medida para acadar o fin último de incorporar ao público o pazo. "Estamos nese obxectivo clarísimamente".

COMISIÓN DE EXPERTOS

Román Rodríguez, pola súa banda, lembrou que se creou unha Comisión de Expertos "con reputados especialistas desde un punto de vista xurídico e histórico en Galicia", que deixou en estudo a demanda civil.

"Manterá unha reunión en quincde días e estamos nunha boa liña. A Deputación ten unha folla de ruta; nós estamos a deseñar a nosa cunha comuñón de obxectivos case idéntica. Aí estanse avaliando todas as posibilidades xurídicas que poida haber", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 podreiros de franco

e namentras o profesional da alcaldia golfiño merendiño de SantiAGE de compo.ñendas a entregar o patrimonio histórico-artístico galego os familiares do FRANCO a bicar os cus do FRANCO, non fan nada, non teñen humanidade e entregan todo a expaña, asi loita a desnortada marea de podreiros contra o franquismo expañolista, o profesional da alcalida gofiño merendiño fartouse de bicar un.ha e outra vez as mans do obispo-archimandrita da clericalla da mafia ultracatodica do catedralicio e agora postrase de xeonllos diante da familia FRANCO, que vergonza, non ten acaso vergonza o podreiros??? ONDE ESTA COMUNISTA DEPENDENTISTA??? ONDE ESTA ISA FARAMALLA DO FACISMO???