Os galegos defraudaron case 145 millóns de euros o pasado ano

A Xunta destaca que subiron un 2,5% os casos de fraude tributaria tras aumentar as inspeccións un 21% en 2017. “Por cada euro investido no Plan de Loita contra a Fraude, a Xunta obtivo 76 euros”, dixo Feijóo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 01/03/2018 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Un total de 144,7 millóns de euros. Iso foi o que defraudaron os galegos o pasado ano en débeda non controlada. Así o puxo de manifesto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este xoves ao dar conta do Plan de Loita contra a Fraude do seu goberno que, dixo, “está dando os seus froitos”.

Billetes de euro
Billetes de euro

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo suliñou que que o pasado ano aumentouse un 2,5% a cantidade defraudada polos galegos. Un feito que, suliñou, débese a que aumentaron un 21% as inspeccións tributarias ata chegar ás 325.000 autoliquidacións. En todo caso, destacou que o 91% dos galegos fai as cousas correctamente porque só o 9% defrauda á facenda.

TRIBUTOS NON DECLARADOS

Deses case 145 millóns defraudados, a maior parte, 111 millóns foi por tributos non declarados, mentres que os outros millóns, 34, detectaŕonse en aáreas de inspección relativas a outras débedas. Neste sentido, o presidente galego amosouse satisfeito polo Plan de Loita contra a Fraude do seu goberno porque dixo que, tras investir 602.000 euros, recaudou case 145 millóns. “Por cada euro investido conseguimos 76”, suliñou.

Ademais, indicou que neste 2018 continuarán as inspeccións e os controis, sobre todo no imposto de sucesións, as transaccións inmobiliarias e as herdanzas. Ademais, a Xunta fomentará os servizos electrónicos para pagar os impostos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti..

Entre Rato e Barcenas dous só do seu partido xa defraudaron máis que todo-los galegos xuntos.