Detidos os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos

ACTUALIZACIÓN DAS 18 HORAS: Confirmado Construciones Ogando como unha das empresas investigadas. GC xa informou en 2006 de irregularidades urbanísticas en varios municipios da Costa da Morte. Presuntos delitos deste tipo son o motivo dunha espectacular operación policial que promete sacudir a precampaña das eleccións locais.

Por Galicia Confidencial | Cee | 31/01/2011 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais detiveron esta mañá aos alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos, na Costa da Morte. O PPdeG goberna en maioría en Fisterra (José Manuel Traba) e Mazaricos (José Manuel Santos Manerio).  Os Independentes por Cee (Ramón Vigo) nesta vila, co apoio do PSOE a este ex-militante do PP dende 2007.

None

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, pediu prudencia até coñecer os detalles das detencións. Polo de agora, o líder do PP deG, Alberto Nuñez Feijóo, non se pronunciou. O seu número dous, Alfonso Rueda, declarou que "o que vai facer o PP é o de sempre, máximo  respeto ás actuacións xudiciais e máxima colaboración".

Construciones D. Ogando

Ademais dos alcaldes, no marco da "Operación Orquesta" están detidos dous concelleiros de Fisterra e tres empresarios. Tráfico de influencias, prevaricación, cohecho e falsificación documental son as acusacións.

Segundo o dixital local Que pasa na Costa, Construciones Ogando sería unha das empresas intervidas polos axentes. Trátase dunha empresa baseeada en Muxía e que traballou recentemente tanto para os municipios como para a Xunta. O dono da empresa e o seu fillo tamén se atopan detidos.

Trátase dunha operación de moita importancia, con ducias de furgonetas de antidisturbios rodeando os edificios municipais. A investigación está coordenada Audiencia Nacional en colaboración co Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión. Os axentes están a incautar documentación urbanística nas oficinas públicas. Tamén rexistraron o domicilio particular do alcalde de Cee.

None

Polo de agora pouco máis se coñece até o de agora, pois existe segredo de sumario. Está previsto que os detidos comparezan ante o xuíz este mesmo luns.

En 2006 GC xa se fixo eco das denuncias de irregularidades urbanísticas na Costa da Morte, na que estarían implicadas varias notarías de Madrid. Este diario informou dos intentos de camuflar operacións urbanísticas baixo o paraugas de supostas concentracións parcelarias.

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

24 un calquera

E que din os do PP da provincia da Coruña sobre isto?. Son inocentes ata que se demostre a culpabilidade dentro de 30 anos polo tribunal de apelación intergaláctico de Andrómeda?. Estes señores mañá tras durmir no caldeiro esta noite dimitirán por honorabilidade. Mais iso nos do PP non o verán os seus ollos. Porque se fose así, o señor Negreira presidente do PP de A Coruña tería dimitido por dicir que non coñecía de nada a Pablo Crespo, cando foi compañeiro seu de toda a vida no consello do porto de A Coruña. Mais, pedirlle ética e dignidade ó PP?. Menos mal que galicia é o terceiro mundo e coa prensa comprada fan o que lles pete.

23 Eugenio Pombo

Tres pepeiros tres,e inda van meter man a mais. P.D-O independente e tamén pepeiro pero dos de Fuerza Nueva.

1 Sr_J

O "independente" é ex-PP... e apoiado polo P$O€, olho.

22 El justiciero

Apareceran ahora datos del anterior Alcalde, de su hijo y de la Concursada Labaro ???

21 Pardo de Cela

E despois sairá a Faes ou Aznar, que son o mesmo, dicindo que despois de ver o altísimo endebedamento do concello de Madrid ou o derroche de funcionarios na Deputación de Ourense, que sobran as autonomías e que o estado debe recuperar competencias. Xa postos, poden volver as servizo militar obrigatorio, que era máis barato que o actual. A corrupción está enquistada principalmente nos dous partidos maioritarios que non fan nada para evitalo.

20 maratona

O alcalde de Cee parece Falete sen maquillar, Falete Corleone quedáballe quenindiola

1 Falete

Más bien se parece a Paquirrin

2 ailalelo

jaja moi bo maratona