Detidos os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos

ACTUALIZACIÓN DAS 18 HORAS: Confirmado Construciones Ogando como unha das empresas investigadas. GC xa informou en 2006 de irregularidades urbanísticas en varios municipios da Costa da Morte. Presuntos delitos deste tipo son o motivo dunha espectacular operación policial que promete sacudir a precampaña das eleccións locais.

Por Galicia Confidencial | Cee | 31/01/2011 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais detiveron esta mañá aos alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos, na Costa da Morte. O PPdeG goberna en maioría en Fisterra (José Manuel Traba) e Mazaricos (José Manuel Santos Manerio).  Os Independentes por Cee (Ramón Vigo) nesta vila, co apoio do PSOE a este ex-militante do PP dende 2007.

None

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, pediu prudencia até coñecer os detalles das detencións. Polo de agora, o líder do PP deG, Alberto Nuñez Feijóo, non se pronunciou. O seu número dous, Alfonso Rueda, declarou que "o que vai facer o PP é o de sempre, máximo  respeto ás actuacións xudiciais e máxima colaboración".

Construciones D. Ogando

Ademais dos alcaldes, no marco da "Operación Orquesta" están detidos dous concelleiros de Fisterra e tres empresarios. Tráfico de influencias, prevaricación, cohecho e falsificación documental son as acusacións.

Segundo o dixital local Que pasa na Costa, Construciones Ogando sería unha das empresas intervidas polos axentes. Trátase dunha empresa baseeada en Muxía e que traballou recentemente tanto para os municipios como para a Xunta. O dono da empresa e o seu fillo tamén se atopan detidos.

Trátase dunha operación de moita importancia, con ducias de furgonetas de antidisturbios rodeando os edificios municipais. A investigación está coordenada Audiencia Nacional en colaboración co Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión. Os axentes están a incautar documentación urbanística nas oficinas públicas. Tamén rexistraron o domicilio particular do alcalde de Cee.

None

Polo de agora pouco máis se coñece até o de agora, pois existe segredo de sumario. Está previsto que os detidos comparezan ante o xuíz este mesmo luns.

En 2006 GC xa se fixo eco das denuncias de irregularidades urbanísticas na Costa da Morte, na que estarían implicadas varias notarías de Madrid. Este diario informou dos intentos de camuflar operacións urbanísticas baixo o paraugas de supostas concentracións parcelarias.

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

14 anton

Conhecín nos anos de estudante ó alcalde dde Cee. Por aquela é militava e fachendeaba de elo en Fuerza Nueva. En fin, a todo porco lle chega o seu San Martinho

1 CranioF

Pero qué bestas somos en Galicia. Cómo é posible que mamíferos desa caste sexan votados pola xente?. É que o pasado non conta para nada?. Sinal de barbarie sociocultural.

13 Rayleigh

Todos do PP!!Espero a todo os fiscalizadores pepeiros que pululan por aquí, buscando pallas en ollos alleos cando eles teñen rañaceos nos seus. Refírome a todos estes manolos, manoliños, Daniel,....E o presidente provincial do PP, Negreira que pensa disto? Pois seguro que se en vez de Fisterra, fora Finisterre, non pasaría isto. Manolos!! Xa sabedes..dentro de 3 meses a votar PP, que non crean que se lles vai pasar factura. Os pepeiros de verdade non fan iso!

1 Manolo

Mientes, el alcalde de Cee no es del PP, y gobierna con el apoyo del PSOE.

2 Rayleigh

Pero si ERA do PP. E xa se sabe que quen deixa o PP nunca é definitivamente. Sempre están esperando a volver cando lles manden. Ten por seguro, que este paxaro, non se foi do PP por estes problemillas. Non te preocupes, filliño. En canto se cambie o nome de Costa da Morte a Costa de la Muerte que é o principal problema da comarca, isto quedará en "peccata minuta". E o lexionario Negreira que pensa disto? Ou anda moi ocupado co tema do Porto de Sada?

3 Hans

Pecatta

4 Hans

Pecata

12 Lousamián

Vaia, Ogando está a facer agora cousiñas por Lousame. Poñerán o ventilador os empresarios? Ou farán como o bipartito nos catro anos que estiveron, agochando todo debaixo da alfombra, aínda que non fose seu?

1 Xan

Pero para que enmerdades ao Bipartito continuamente??? Non vedes que estes son TODOS do PP? E Negrera (non Negreira) co Gürtel en Portos? E Telmo cos sobreprezos? Centos de millóns de euros claro. E os 500 millóns de euros da remodelación do Ayuntamiento de Madrid??? Esa é a AUSTERIDADE do PP. Esa é a verdadeira cara do PP

11 o padriño

Que non nos pronunciamos os do PP?, pero se nos encantan os pronunciamentos home¡¡¡. Imos ver, isto obviamente afecta ós nosos. Está claro que é unha persecución xudicial contra o PP, partido que está limpo, non coma os bipartitos. Pero a corrupta xustiza só vai contra nós. Obviamente estamos a favor de que todo se aclare, somos adalides da verdade e favorecedores da res pública e tal...Ademáis os do PSOE son uns cabróns e ladróns por apoiar ós independentes que se foron do noso partido. E non volo tomedes a mal, non temos nada persoal contra ninguén. Só son negocios.

10 tino

pp = corrupción = banda organizada para delinquir = ilegalización