Detidos os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos

ACTUALIZACIÓN DAS 18 HORAS: Confirmado Construciones Ogando como unha das empresas investigadas. GC xa informou en 2006 de irregularidades urbanísticas en varios municipios da Costa da Morte. Presuntos delitos deste tipo son o motivo dunha espectacular operación policial que promete sacudir a precampaña das eleccións locais.

Por Galicia Confidencial | Cee | 31/01/2011 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais detiveron esta mañá aos alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos, na Costa da Morte. O PPdeG goberna en maioría en Fisterra (José Manuel Traba) e Mazaricos (José Manuel Santos Manerio).  Os Independentes por Cee (Ramón Vigo) nesta vila, co apoio do PSOE a este ex-militante do PP dende 2007.

None

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, pediu prudencia até coñecer os detalles das detencións. Polo de agora, o líder do PP deG, Alberto Nuñez Feijóo, non se pronunciou. O seu número dous, Alfonso Rueda, declarou que "o que vai facer o PP é o de sempre, máximo  respeto ás actuacións xudiciais e máxima colaboración".

Construciones D. Ogando

Ademais dos alcaldes, no marco da "Operación Orquesta" están detidos dous concelleiros de Fisterra e tres empresarios. Tráfico de influencias, prevaricación, cohecho e falsificación documental son as acusacións.

Segundo o dixital local Que pasa na Costa, Construciones Ogando sería unha das empresas intervidas polos axentes. Trátase dunha empresa baseeada en Muxía e que traballou recentemente tanto para os municipios como para a Xunta. O dono da empresa e o seu fillo tamén se atopan detidos.

Trátase dunha operación de moita importancia, con ducias de furgonetas de antidisturbios rodeando os edificios municipais. A investigación está coordenada Audiencia Nacional en colaboración co Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión. Os axentes están a incautar documentación urbanística nas oficinas públicas. Tamén rexistraron o domicilio particular do alcalde de Cee.

None

Polo de agora pouco máis se coñece até o de agora, pois existe segredo de sumario. Está previsto que os detidos comparezan ante o xuíz este mesmo luns.

En 2006 GC xa se fixo eco das denuncias de irregularidades urbanísticas na Costa da Morte, na que estarían implicadas varias notarías de Madrid. Este diario informou dos intentos de camuflar operacións urbanísticas baixo o paraugas de supostas concentracións parcelarias.

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

9 troula

Na coz dira que e unha trama orquestada contra o pp asi lles vai o ano pasada venderon a metade de exemplares pero por min xa poden pechar

8 Amalia

Por fin vai saíndo a merda a flote!!!!

7 Voceiro

Na Voz dirán que é todo culpa do Bloque, que durante o bipartito asfixiaron tanto a economía galega desde a consellaría de industria que aos pobriños alcaldes populares non lles quedou outra que roubar. E por iso en maio temos que volver votar por eles, porque todo canto fixeron foi por nós, e o que menos merecen é acabar na cadea.

1 meu

Na Cope só mencionaron as siglas PSdG...e agora vexo online que eran todos do PP menos un independente que foi do PP, apoiado( ahí si que podían dicilo) polos do PSdG...

2 Rayleigh

Apoiado polo SOE e facéndose o chulito de que cos do BNG non quería nada. Mira ti por que non quería nada co BNG....

6 Black Crow

Esa gomina con melenita rizada, ese afeitado perfecto, esa papada garbancera, ese traje caro nuevo con corbata estrenada, esa mirada inquisidora ... ¿Cómo podéis los nacionalistas dudar de alguien así? ... si el hombriño tiene una pinta de no haber roto un plato en su vida ...

1 Peiteados Populares

esta claro que todos teñen o mesmo estilista e asesor financeiro, jajajja

2 Lois

Algo de medo dan

5 o padriño

Mirade que volo teño dito. Non revolvades na merda, que cheira¡¡. Bueno, non pasa nada, xa teño avisada á prensa galega. Todo será obxectivo obviamente.Todo legal. A partir de Mañá la voz, o faro, e o correo xa convencerán ós galleguiños de seguir a votar ó partido. Total... se todos son iguais home...¡¡¡

1 asier

que razon tes cando vamos a pola prensa des te pais .... a por eles