A bandeira independentista galega, motivo de disputa entre o Pontevedra e o Racing de Ferrol

Antiviolencia propón unha sanción a un afeccionado do Pontevedra por amosar unha bandeira galega independentista porque “creou entre os seguidores do equipo contrario unha gran axitación e alteración”.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 04/03/2018 | Actualizada ás 22:40

Comparte esta noticia

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, Racismo, Xenofia e a Intolerancia no Deporte decidiu propoñer unha sanción a un afeccionado do Pontevedra por amosar unha gran bandeira galega independentista durante o encontro que este equipo mantivo co Racing de Ferrol en Pasarón.

Bandeiras independentistas no estadio do Pontevedra, Pasarón
Bandeiras independentistas no estadio do Pontevedra, Pasarón | Fonte: pontevedraviva.com

Segundo relata o xornalista David Espiño no xornal dixital pontevedraviva, foi na súa reunión do día 22 de febreiro, cando este órgano propuxo unha sanción para o afeccionado granate por “exhibir unha bandeira galega independentista creando entre os seguidores do equipo contrario unha gran axitación e alteración”. 

A sanción proposta é de carácter leve cun importe de 500 euros, e prohibición de acceso a recintos deportivos durante 3 meses. Ademais rexistráronse incidentes previos entre as dúas afeccións antes do partido. 

En numerosos foros futbolísticos criticouse esta proposta de sanción xa que son moitos os siareiros galegos que acuden aos campos con símbolos independentistas. De feito, é moi habitual ver bandeiras coa estrela vermella ou pancartas independentistas en Riazor e en Balaídos.  

MÁIS SANCIÓNS

Por outra banda, Antiviolencia tamén recolle na súa resolución outra proposta de sanción correspondente ao choque entre pontevedreses e ferrolanos do pasado día 18 de febreiro, en concreto en relación aos incidentes previos ao encontro que obrigaron a intervir aos corpos de seguridade do Estado.

Neste caso, segundo o xornal dixital pontevedrés, proponse unha multa de 2.000 euros e a prohibición de acceso a un recinto deportivo durante 6 meses a un afeccionado que "guindou unha botella de cristal de cervexa cara aos axentes de Policía nos arredores do estadio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 Fans

Quen se altere que tome unha tila ou vaia a clases de meditación o problema e do axitado non do axitador Camisetas de futbol baratas. Menuda país que envexa me dan os catalans e vascos que loian pola sua independencia: https://bit.ly/2rEquv1

7 vov321

All-time top #UCL semi-final scorer? Cristiano Ronaldo 💪 See more: https://bit.ly/2HKMxaR

6 piter

Neste caso,Camisetas Sport Club segundo o xornal dixital pontevedrés, proponse unha multa de 2.000 euros e a prohibición de acceso a un recinto deportivo durante 6 meses a un afeccionado que "guindou unha botella de cristal de cervexa cara aos axentes de Policía nos arredores do estadio".

5 SRIYNA

Quen se altere que tome unha tila ou vaia a clases de meditación o problema e do axitado non do axitador Camisetas de futbol baratas. Menuda país que envexa me dan os catalans e vascos que loian pola sua independencia.

4 nostrus

A bandeira independentista galega merece o mesmo respeto que os insultos racistas, machistas ou homófobos. Noxo.