"Yo sólo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego; ojalá volviese Franco"

A Mesa esixe á Xunta que actúe ante a "agresión lingüística" a unha muller na delegación autonómica en Lugo. Denuncia que dúas funcionarias se negaron a atendela en galego e que unha mesmo se declarou franquista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2018 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

A asociación A Mesa pola Normalización Lingüística esixiu ao Goberno galego que actúe e condene publicamente o suposto caso de discriminación a unha muller na delegación da Xunta en Lugo, onde foi vítima dunha "agresión lingüística" por parte de varias traballadoras.

A Mesa en Lugo
A Mesa en Lugo | Fonte: Europa Press

Adela Figueroa acudiu ao Servizo de Deportes da delegación o pasado 26 de febreiro a buscar información sobre clubs deportivos. Ao ser respondida en castelán, solicitou á funcionaria ser atendida en galego, ao que a traballadora negouse, chegando a dicirlle, segundo a denunciante, frases como "No me da la gana! Soy funcionaria y puedo escoger el idioma que yo quiera".

Cando a usuaria se dirixiu a outra empregada para tentar ser atendida en lingua galega a situación repetiuse. "Yo sólo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego", trasladoulle a funcionaria. Despois de que a muller lamentase esta afirmación, ante a situación de perda de falantes, a traballadora, , asegura a denunciante, elevou o ton das súas queixas, con frases como "Si se pierde mejor! Ni gallego ni catalán, con sólo castellano mucho mejor!".

De feito, segundo denunciou A Mesa, unha das funcionarias chegou a sinalar: 'Yo fui de la Sección femenina de la Falange. Y bien orgullosa que estoy de haber sido de la Sección Femenina. Trabajé en Madrid en la casa del Paseo de la Castellana. Debajo del escudo del yugo y las flechas. Ojalá volviese Franco. Buena falta hacía!'.

A asociación xa tramitou e remitiu queixas ante a Consellería de Presidencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral para o Deporte e ao Valedor do Pobo para denunciar este caso "de agresión lingüística" e de "discriminación", dado que a cidadanía ten o dereito de ser atendida neste idioma, como lembrou Lois Neto, responsable da Mesa en Lugo.

EXPEDIENTE DISCIPLINARIO

A secretaria xeral da asociación, Mónica Pazos, advertiu de que este "non é un caso illado" e reprochou o "cinismo" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen defendeu estas semanas a situación do galego en comparación con outras linguas do territorio.

"Con casos como este, de que presume o presidente da Xunta?", ironizou, esixindo unha "condena pública" da Administración por este "caso de racismo lingüístico" e que abra un expediente disciplinario contra as funcionarias.

A propia denunciante compareceu no acto para agradecer o apoio da Mesa e animou aos galegofalantes a exercer uns dereitos que non se deben "deixar perder", sobre todo ante este "flagrante caso de apoloxía do franquismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

4 Undopobo

Semella que tampouco é un caso illado que alguén vaia a unha oficina da Administración ou a unha empresa privada a esixir a quen lle atende que lle fale galego. E tampouco é un caso illado que logo vaian á Mesa para darlle aire ao asunto na imprensa. E tamen semella "racismo lingüístico" que esa persoa non acepte que o funcionario ou traballador lle fale en español. Si el ou ela teñen dereito a ser atendidos en galego ¿non o ten o funcionario a falar na súa língua? ¿E se o caso fose ao contrario? Probas hai do “escándalo” cando a algún galego falante se lle pediu que mudase de língua. Ademais, iso non é o habitual. A xente fala galego ou español e escoita sen problemas respostas en calquera das língüas aínda que non sexa na súa. Os racistas, cínicos e malintencionados son os que así actúan.

1 Miguel Pazos

A funcionaria ten dereito a falar na lingua que lle pete, sempre que non sea no traballo. no traballo, o seren funcionaria ten a obriga de atender a xente na lingua da xente, fale galego ou castelán. Vaille na nómina

3 Españolistas dades noxo

Ostiá, non vexo a nostrus por ningún lado, debe ser que aquí non hai libertá ningunha vulnerada.

2 Sito

O que non se lle pode permitir a un funcionario público e a mala educacion Os contribuintes merecemos un respecto tanto en galego como en castelan. Si non serve para atender ao publico que vaian para un almacen

1 Nini

A Mesa ten que consultar o Estatuto básico do empregado público. Alí dise que estes garantirán que o cidadán sexa atendido na lingua oficial ou cooficial, se ese é o seu desexo. En ningún caso pode o cidadán facer declinar o dereito constitucional que ten o funcioario a usar a lingua que lle pete.

1 Nono

A Mesa sabe de sobra o que ti acabas de dicir. Polo tanto a administración terá que dotarse dos medios necesarios para garantir a atención en galego a aqueles administrados que así o desexen, ben sexa mediante funcionarios que voluntariamente estén dispostos a utilizar ambos idiomas, ou garantindo a presenza de un funcionario que atenda en galego en todos os organismos de atención ao público.

2 Nono

Con todo iso, o debate non é ese. O debate vai de se é procedente que unha funcionaria atenda a un administrado utilizando as seguintes frases: "No me da la gana! Soy funcionaria y puedo escoger el idioma que yo quiera". "Yo sólo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego", "Si se pierde mejor! Ni gallego ni catalán, con sólo castellano mucho mejor!". Ojalá volviese Franco. Buena falta hacía!'.

3 Nono

Polo que, supoño que comprenderás, Nini, que a Mesa en ningún momento está reclamando a obriga da funcionaria de falar galego se así se lle pide, senón a obriga da administración de atender en galego a quen así o solicite. E coincidirás conmigo en que non che gustaría que unha funcionaria che respondese as expresións antes referidas cando te dirixes a ela en calidade de administrado.

4 Nana

Art. 54.11. Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto Básico del Empleado Público (BOE 31/10/2015): "(Los empleados públicos) garantizarán la atención al ciudadano en la lengua que lo solicite siempre que sea oficial en el territorio".

5 Nono

E se realmente se corroboran como certas as expresións proferidas pola referida funcionaria, entendo que debería ser, cando menos, apercibida ou amonestada, posto que unha administración que emprega a funcionarios que públicamente profiren expresións coma as anteriores non actúa con arreglo á Lei 39/2015 nin respecta o Estatuto Básico do Empregado Público

6 Eim?

"...na lingua oficial ou cooficial". Nom existe umha língua oficial e outra co-oficial, como se houvesse umha língua de 1ª e outra de 2ª. Na Galiza as duas som oficiais, portanto as duas som co-oficiais. Ao mesmo nível, isso é o que significa co-oficial.