O profesor da USC criticado por apoiar a mina de Touro: “Son necesarias conferencias para formar á opinión pública”

Felipe Macías, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e criticado por un grupo de alumnos que o acusaron de falar a favor da mina de Touro no ámbito universitario nega estas acusacións e lembra a súa experiencia de máis de 30 anos traballando na recuperación de chans de minas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/03/2018 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O profesor Felipe Macías, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, deféndese das acusacións que un grupo de estudantes fixeron contra el por apoiar as novas actividades mineiras na explotación de Touro-O Pino. 

O profesor da USC, Felipe Macías
O profesor da USC, Felipe Macías | Fonte: UAB

Nun escrito remitido a GC, Macías destaca que leva máis de 30 anos de traballo en recuperación de chans de mina, “incluíndo a mina de lignito das Pontes, mina Touro, mina e accidente de Aznalcóllar, Mina Saelices, mina Sao Domingos, vertedoiros con ampelitas en dous túneles do AVE, etc”.  E suliña que, durante a súa conferencia non lle faltou o respecto a ninguén.

Refírese a charla que hai uns días impartiu na Facultade de Química da USC baixo o título: “Touro: un novo proxecto de explotación mineira. Consecuencias ambientais”. Moitos dos asistentes agardaban que se falaran das repercusións da mina pero, segundo un grupo de estudantes que escribiron ao GC, o conferenciante “empregou fotografías de manifestantes contra a mina para mofarse e fixo unha serie de comentarios despectivos e ata insultantes cara xornalistas e medios comunicativos chamando mentiras a datos contrastados, moitos deles incluídos no propio informe sobre o proxecto da empresa”.

Ademais, criticaron que este profesor ten “un contrato de colaboración con empresas como TEN, fabricante de tecnosoles (tecnoloxía para a recuperación dos terreos danados pola mina), ou Francisco Gómez y CIA e Explotaciones Gallegas, as dúas directamente relacionadas coa explotación da mina”.

SOBRE A CONFERENCIA

Macías destaca que leva 47 anos de docencia universitaria e “xamais insultou” a ningún dos seus alumnos en clases ou conferencias. “Había na sala unhas 80 persoas, a case totalidade estudantes de grao, master e doutoramento, xunto a algúns profesores. A conferencia durou máis de hora  e media e foi seguida con total atención, felicitándome un gran número dos presentes”, dixo. 

Contaminación na contorna da mina de Touro
Contaminación na contorna da mina de Touro | Fonte: Adega.

“Incluso un xornalista presente dixo que conferencias como esa eran necesarias para a formación da opinión pública. Só 5 das persoas presentes manifestaron dalgunha maneira a súa crítica e obxeccións”, indicou.

Esta é toda a súa misiva:

Sr. Director de Galicia confidencial

Ola Xurxo. Pódolle anticipar que levo 47 anos de docencia universitaria e xamais insultei a ningún dos meus alumnos en clases ou conferencias. Había na sala unhas 80 persoas, a case totalidade estudantes de grao, master e doutoramento, xunto a algúns profesores. A conferencia durou máis de hora  e media e foi seguida con total atención, felicitándome un gran número dos presentes.  Incluso un xornalista presente dixo que conferencias como esa eran necesarias para a formación da opinión pública. Só 5 das persoas presentes manifestaron dalgunha maneira a súa crítica e obxeccións. A crítica máis forte que expuxo un dos presentes centrouse en que  terminei a miña presentación falando do ?humidal reactivo de Bama? e as súas funcións, estrutura que fixemos no ano 2004 e que foi publicada en diferentes medios e recoñecida por moitísimos especialistas mundiais. Ao terminar de explicar as funcións do humidal reactivo de Bama presentei a imaxe que aparecía nos medios de comunicación da pancarta á beira do humidal. Non creo que recoller algo que os seus autores divulgaron na prensa sexa un insulto.

Por outra banda, asegúrolle que a miña exposición se produciu a solicitude da Decana da Facultade de Química quen me dixo que a solicitaron moitos alumnos. En ningún caso fíxena pola miña iniciativa, e o que nela afirmei é o froito de máis de 30 anos de traballo en recuperación de chans de mina, incluíndo a mina de lignito das Pontes, mina Touro, mina e accidente de Aznalcóllar, Mina Saelices, mina Sao Domingos, vertedoiros con ampelitas en dous túneles do AVE, etc. Os traballos de recuperación da mina Touro foron visitados desde o ano 1999 á actualidade, por centos de especialistas mineiros, profesores e alumnos universitarios de Bioloxía, Xeoloxía, Química, Enxeñaría Química, Ecoloxía, Enxeñaría Ambiental, Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros Forestais de máis de 40 países, alumnos das Universidades de Santiago, Vigo, Miño, Murcia e París, alumnos de Secundaria (Instituto Rosalía) e de primaria (Colexio San Jorge, Centro escolar de Ponteceso,..), celebráronse dous congresos científicos no 2001 e 2014 de membros das Sociedades de Ciencia do Chan de España e Portugal con sesións específicas sobre os traballos realizados, realizáronse varias teses doutorais e traballos fin de master e numerosas publicacións científicas e presentacións en congresos nacionais e internacionais. Hai bastantes cousas que contar, sen necesidade de insultar a ninguén, e, por suposto, convídolle a coñecelas se é o seu desexo.

Atentamente

Felipe Macías Vázquez

Catedrático de Edafología e Química Agrícola da USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Anonimo

Señor catedrático tendria qie haber añadido pos data los de la mina de touro me untaron bien untado aunque con ese careto de desertor del arado normal que lo unten lo ultimo que quoere este señor es trabajar

1 perico

Moi bó. Clásico, pero fíxome rir.

4 EstudinateUVigo

Cada cual puede opinar como le apetezca y más todavía quien conoce un tema. Sin embargo, no estaría mal que las universidades empezaran a controlar las segundas actividades de sus profesores y catedráticos, aplicando de forma rigurosa la ley de incompatibilidades. Porque algunos parecen dedicados más a sus negocios con material y despachos públicos que a la actividad docente e investigadora, que deberían ser de dedicación exclusiva.

1 ExEstudanteUSC

Ben falado. Nin que cobrasen 500€ ao mes pola súa actividade docente como para ter que "andar buscándose a vida" fóra da universidade

3 Breogán

Hai que perguntarlle o mercenario canto lle pagan polos seus informe a prol de todalas desfeitas.

2 José

Como profesor e investigador, Felipe Macías é do mellor que temos. Outra cousa é o desenfoque crónico que padece á hora de calibrar a capacidade que o ser humano posúe para neutralizar ou restaurar os seus propios desaguisados. E a mina de Touro é un exemplo. Aplicando tecnosoles na entulleira da mina correximos a drenaxe ácida pero enchemos de fecais o Ulla. A proba: o humidal reactivo cheo de coliformes que sobardan cara os regos que dan o Ulla cando chove 3 dias seguidos. Para algúns, enriquecer unha multinacional mineira durante 8 anos de explotación é un progreso, para outros, un problema que terá consecuencias moi duradeiras, como se está a ver en Touro.

1 Próculo

Felipe Macías, a.k.a. Felipe Mafias. Co seu recente negociete familiar dos "tecnosolos" leva anos vertendo residuos orgánicos en crú polo país adiante, aproveitando a ignorancoia dos concellos e coa complicidade das administracións. Non esquecemos que este individuo perpetrou os informes técnicos que avalaron as desfeitas eólicas das turbeiras no Xistral, a mega-piscifatoría de Touriñán, a "modélica" restauración da mega balsa mineira ácida das Pontes, entre outras desfeitas. Un mercenario da bata con todas as letras.

1 En fin

Según ti... porque que eu saiba este home é Catedrático da USC e non o vexo imputado por ningún informe falso ambiental. É máis, case todas as actuacións son éxitos.