A boneca Barbie, protagonista dunha exposición que mostra "a cruel realidade que sofren as mulleres"

A Deputación de Pontevedra organiza unha mostra itinerante sobre desigualdade, violencia e a discriminación. A súa presidenta, Carmela Silva, fará folga 24 horas e renunciará ao seu soldo co gallo do 8 marzo, Día Mundial da Muller.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2018 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A boneca Barbie converteuse, nunha mostra que impulsa a Deputación de Pontevedra, nunha icona contra a desigualdade, violencia e a discriminación que sofren as mulleres. Baixo o título 'Rompe. Xoga en Igualdade', 18 paneis e vitrinas con Barbies "intervidas" denuncian a situación das mulleres.

Np Depo Rompe. Xoga En Igualdade
Np Depo Rompe. Xoga En Igualdade | Fonte: Europa Press

A mostra, que estará aberta até o próximo 8 de abril, foi inaugurada pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e, segundo as súas palabras, trátase dunha exposición "extraordinaria, vangardista, rompedora e provocadora".

Carmela Silva estivo acompañada polas deputadas provinciais Eva Vilaverde, Digna Rivas, Chelo Besada e Montse Magallanes e polas creadoras da mostra, Isabel Blanco, Irene Silva e Noemí Chantada, así como dos deputados provinciais aos que agradeceu "que estean presentes sen subir ao escenario".

Na súa intervención, a presidenta da Deputación manifestou que ten claro que esta iniciativa, que percorrerá toda a provincia, "vai dar moito que falar porque mostra a realidade cruel das mulleres a través dunha boneca que non nos representa a todas".

Máis ben, é unha "muller-obxecto delgada, elegante e cun armario cheo de vestidos de todo tipo, que sempre está á disposición do seu Ken", pero que, a través da súa intervención, se converteu "nunha boneca digna".

A mostra recolle temáticas como a beleza, a prostitución, os ventres de aluguer, o matrimonio infantil ou os malos tratos, entre outros. Carmela Silva asegurou que os "avances conseguidos polas feministas construíron un mundo mellor" e reivindicou esta loita para "construír outra humanidade".

'Rompe. Xoga en Igualdade' está enmarcada nos actos que organiza a institución provincial polo 8 de marzo, día no que, segundo anunciou a presidenta, "todas as deputadas farán folga 24 horas". Ademais, van renunciar ao salario, porque a outras mulleres tamén llo van a descontar e queren "ser como todas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Oprimidas

Gostaría de saber a cánto ascende a brecha salarial entre un obreiro da construcción "opresor de mulleres" e a presidenta da Deputación (6000 €/mes + dietas tirando polo baixo) e as "artistas" creadoras do enxendro (¿cántos cartos públicos cobrarían por meter nove barbies en tarros de cristal?).

1 Ken

Boa pregunta e observación! Moita arte e, sobre todo, artistas sobrevalorados, ultimamente...