O plan enerxético da Xunta prevé crear 12.000 empregos

Buscará aforrar 150 millóns ao ano, baixar o consumo un 4% e que entre o 85% e 90% de enerxía eléctrica sexa de renovables. O investimento total será de 3000 millóns de aquí a 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2018 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou das directrices deste plan enerxético,  logo da reunión do Consello da Xunta, no que se abordaron estas liñas de actuación. Os obxectivos son que entre o 85% e o 90% de enerxía eléctrica consumida en Galicia veña de fontes renovables, así como que o 35% de combustible para uso térmico proveña da biomasa e reducir as emisións de dióxido de carbono en catro millóns de toneladas.

Reunión do Consello da Xunta do 8 de marzo de 2018
Reunión do Consello da Xunta do 8 de marzo de 2018 | Fonte: Europa Press

Deste xeito, Feijóo considera que é unha "excelente oportunidade para seguir creando emprego" neste sector, mentres Galicia é "cada vez mais autosuficiente" enerxeticamente. Así, prevese un aforro de 150 millóns de euros anuais co impulso de proxectos como os ecobarrios, plans de aforro na Administración galega, a renovación de vehículos con modelos de menor consumo e buses eléctricos, xunto á introdución do gas como combustible no transporte pesados terrestre e marítimo.

INSTALACIÓN DE 1.200 MEGAVATIOS

Así mesmo, contempla a instalación de 1.200 megavatios até 2020. Do total, 1.000 megavatios serán para producir enerxía eléctrica a través de eólica (700 megavatios), hidráulica, biomasa e fotovoltaica; mentres haberá 200 megavatios para enerxía térmica a través de biomasa, solar térmica, xeotermia e aerotermia.

Actualmente o consumo de enerxía final de orixe renovable sitúase en Galicia no 38% --por encima do 20% marcado como obxectivo en Europa para 2020-- e preténdese que supoña o 45% ao pechar 2020. Tamén se buscará maior implicación dos cidadáns e aumentarase a súa defensa con máis información a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia.

APOSTA POR GAS NATURAL

Haberá unha aposta polo gas natural para que a subministración suba dunha cobertura do 67% ao 82%, coa suma de 37 novos concellos e 20 polígonos industriais con gasificación. A isto únense a posta en marcha das infraestruturas necesarias para o centro de operacións ('hub') de gas natural licuado (GNL) en Ferrolterra.

Así mesmo, Feijóo destacou que no últimos nove anos en Galicia investíronse un total de 2.748 millóns de euros no sector enerxético. Aquí, pon en valor a instalación de máis de 780 megavatios de renovables, a posta en marcha de 5.200 caldeiras de biomasa, así como a gasificación de 30 concellos e 23 polígonos empresariais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Isto chámase publicidade encuberta. A roubar é ao que se van dedicar. Feijoo non é un tipo de fiar, iso sabenno ata nos Peares.