Temas: DODRO BAIXO ULLA

Crean o Mapa do Patrimonio de Dodro

Forma parte do proxecto colaborativo 'Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla' que impulsa a Asociación Cultural Os Penoucos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/03/2018 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Asociación Cultural Os Penoucos vén de lanzar o Mapa do Patrimonio de Dodro, incluído dentro do proxecto colaborativo 'Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla'.

Proxecto 'Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla'
Proxecto 'Patrimonio e paisaxe(s) do Baixo Ulla' | Fonte: baixoulla.ospenoucos.gal.

Despois de presentar o Mapa do Patrimonio de Valga e o Mapa do Patrimonio de Pontecesures, agora preséntase o de Dodro como parte dun proxecto que "pretende valorizar e divulgar o patrimonio cultural e natural dos concellos que forman parte dun territorio claramente recoñecible, e que se dá en chamar Baixo Ulla", explican os autores.

O Mapa do Patrimonio de Dodro intégrase dentro dunha aplicación webmapping na que se recolle a totalidade do patrimonio cultural e natural do concello. O usuario poderá navegar e desprazarse polo mapa, facer zoom, activar ou desactivar capas, así como escoller os mapas base. Ao pulsar sobre un punto, despregarase a ficha explicativa onde se describe o elemento, con acceso a información e imaxes deste.

Os mapas base dispoñibles son catro, que van desde a última fotografía aérea do PNOA, ata o voo americano de 1956-57. Deste xeito, pódense visualizar as diferenzas que sufriu o territorio nos últimos 60 anos.

O Mapa do Patrimonio de Dodro componse de nove capas, que inclúen 448 elementos, repartidos do seguinte xeito:

  • Arqueoloxía (32 elementos): castros, mámoas, petróglifos...
  • Arquitectura relixiosa (8 elementos): igrexas, capelas...
  • Elementos relixiosos (30 elementos): cruceiros, cruces, petos de ánimas...
  • Arquitectura civil (13 elementos): pazos, casas reitorais, casas...
  • Obra civil (18 elementos): pombais, pontes, reloxos de sol...
  • Hórreos (273 elementos): a totalidade dos hórreos e eiras do municipio.
  • Arquitectura da auga (66 elementos): fontes, lavadoiros, muíños, pozos...
  • Espazos naturais (2 elementos): brañas, ríos...
  • Panorámicas (6 elementos): as panorámicas máis destacadas de Dodro.

Despois de engadir o Mapa do Patrimonio de Dodro, e incluír novos elementos nos mapas de Valga e Pontecesures, xa hai catalogados 1.404 elementos, ao que se irán sumando moitos máis, ata completar a totalidade do territorio que conforma o Baixo Ulla.

CHAMAMENTO A COLABORAR

Para os responsables deste proxectro, o "aspecto máis salientable" deste é "a súa parte colaborativa", polo que fan un chamamento a aquelas entidades e persoas que o desexena enviar os seus comentarios, suxestións, textos ou fotos dos elementos do mapa, así como suxerir a inclusión de novos puntos.

O proxecto non conta con ningún tipo de subvención oficial.

Temas: DODRO BAIXO ULLA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta