Galicia rexistra máis de cen incidencias desde o inicio da borrasca 'Félix'

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou desde as 00,00 horas deste sábado un total e 102 incidencias relacionadas coa borrasca 'Félix' que está a afectar á comunidade galega durante a fin de semana.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2018 | Actualizada ás 20:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou desde as 00,00 horas deste sábado un total e 102 incidencias relacionadas coa borrasca 'Félix' que está a afectar á comunidade galega durante a fin de semana.

Refachos de vento
Refachos de vento | Fonte: Europa Press

Do total de incidencias, a provincia da Coruña foi a máis afectada, con 40 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 36; Ourense con 19 e Lugo con 7 incidencias xestionadas.

Os municipios máis afectados foron Ames, Boimorto, Val do Dubra, Teo e Padrón, na provincia da Coruña; e Vigo, Moaña e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias estiveron relacionadas con árbores e ramas na estrada.

TRÁFICO E TRANSPORTES MARÍTIMOS

En Verín, o temporal provocou o desbordamento do río Támega e o corte da estrada á altura de Vilela, até as 13,30 horas, nun tramo de 900 metros.

A Dirección Xeral de Tráfico mantén activada a alerta por circulación condicionada na estrada LU-P-1801 á altura de Soutariz, desde o quilómetro 7,5 ao 7,6 cara a Os Peares, debido ao firme en malas condicións.

Tamén se rexistra circulación irregular na A-8, entre os quilómetros 536.0 e 552.0, á altura de Mondoñedo, por ventos.

Por outra banda, as malas condicións meteorolóxicas, tamén afectaron ao transporte marítimo na ría de Vigo. A compañía Mar de Ons suspendeu o servizo da liña regular Cangas-Vigo desde as 13,00 desde Cangas e desde as 13,30 desde Vigo, e manterao cancelado durante o domingo 11 de marzo.

Segundo os datos recoller por Meteogalicia, rexistráronse precipitacións de até 25,6 litros por metro cadrado en Pé Redondo, en Meis (Pontevedra), e o refacho de vento máxima en Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, con 136,8 quilómetros por hora, alcanzándose tamén os 120,2 quilómetros por hora en Punta Candieira, en Cedeira (A coruña).

A Axencia estatal de meteoroloxía (Aemet) indicou que a situación meteorolóxica empeorará cara á noite, coa previsión de alerta de nivel vermello no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da provincia da Coruña, con ondas de até 9 metros por mar combinada do oeste. No litoral de Lugo, a partir das 10,00 horas do domingo, poderanse alcanzar ventos de forza 9 e ondas de até 8 metros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta