“Baran Galicia caeu loitando pola revolución e por Afrin”

Un miliciano enrolado na Internationalist Commune of Rojava amosa nun vídeo onde se atopa enterrado o galego. “Lamentablemente se a comunidade internacional non fai nada este cemiterio seguirá encheéndose cada vez máis”, suliña outro español que está en Afrin. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Afrin | 12/03/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Dous milicianos españois da International Commune of Rojava estiveron hai uns días en Afrin, localidade siria que está sendo bombardeada polos turcos, enrolados nunha misión dos curdos de Rojava para dar apoio aos seus irmáns do cantón de Afrin. Unha semana na que estes dous activistas realizaron vídeos onde mostran a resistencia do pobo curdo e tamén a actividades dos milicianos internacionais.

Un dos milicianos que loitou con Baran Galicia, amosa o lugar onde está enterrado
Un dos milicianos que loitou con Baran Galicia, amosa o lugar onde está enterrado

De feito, un destes milicianos que loitou con Samuel Prada León, alias Baran Galicia, fala del nun destes vídeos.  En fronte da súa sepultura, o activista que realiza estes vídeos explica que Baran Galicia “caeu en Afrin para defender a revolución” e esa terra, xunto co amigo Kendal Breizh, o seu amigo bretón. Pola súa banda e, xa en español, o outro miliciano denuncia as atrocidades que está cometendo Turquia.

“Lamentablemente se a comunidade internacional non fai nada este cemiterio seguirá enchendose cada vez máis”, di en fronte ás lápidas de multitude de mortos neste conflito e que, día a día, crecen por mor da ofensiva turca que xa está moi preto da cidade de Afrin. “Non distingue entre combatentes e civiles e bombardea a todos por igual”, denuncia en español con acento do norte da península.

“Baixo a escusa de loitar contra o terrorismo está loitando contra a única zona que, precisamente, non se viu afectada polos terroristas, nin pola guerra en Siria xa que as distintas comuidades, tanto árabes, como curdas, como yazidíes, organizaronse para loitar contra os grupos fanáticos relixiosos como Al Qaeda, Al Nusra o ISIS”, comenta.

Ademais, salienta que a revolución en Rojava supón un antes e un despois na liberación da muller en Oriente Medio. “Se conseguimos que esta revolución triunfe conseguiremos que que triunfe a causa das mulleres para moitos millóns delas en Oriente Medio, e para min, iso era algo polo que merecía a pena loitar”, engade.

Sidar e Baran Galicia cavando unha trincheira na fronte de Siria
Sidar e Baran Galicia cavando unha trincheira na fronte de Siria | Fonte: Publico

ASASINADO POR TURQUIA

Tal e como apuntou GC, finalmente confírmase que o corpo de Samuel Prada está soterrado en Afrin. Segundo apuntou Sidar, un combatente español que loitou con Baran Galicia, este foi asasinado nun bombardeo aéreo turco mentres se atopaba nunha poboación próxima a Afrin, Cinderese (Yandaris tal e como xa informou GC) entre as doce da noite e a unha da mañá do día do suceso, o pasado 10 de febreiro. 

Tras a súa morte e a de Kendal Breizh tiveron lugar numerosas protestas e homenaxes en diferentes partes de Europa e do estado, pero ningunha en Galicia. Partidos e asociacións independentistas, nacionalistas e de esquerdas, acostumadas a saír á rúa, seguen sen denunciar contundentemente o que está acontecendo en Siria, especialmente, no cantón de Afrin. 

VÍDEOS

Na canle de youtube da Internationalist Commune pódense ver todos estes "diarios de viaxe" en forma de vídeo que produciron, principalmente, estes dous activistas españois, unha delas identificada como Sara.

Aquí podes ver algúns deles:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fernando G

Hay que explicarle al becario que una cosa es morir en combate y otra ser asesinado. El primero es el caso de los combatientes con las armas en la mano, mientras que el otro caso es el de los civiles o prisioneros desarmados. Si estaba combatiendo en un frente de guerra no se puede decir que muriera asesinado.Con todo el respeto y sin ningún aprecio por Turquía las cosas son así.