Portugal recoñece a deslocalización de empresas galegas cara o seu territorio

“Entre Galicia e o Norte de Portugal, hai aínda niveis de desenvolvemento distinto", asegura a vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N).

Por Galicia Confidencial | Tui | 12/03/2018 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A fronteira do Norte de Portugal con Galicia é a "máis dinámica" entre os dous países, mais persisten "problemas graves" que carecen de maior articulación dos respetivos gobernos. Así o declarou este domingo Ester Silva, vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N) e membro do Consello Superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal (AECT -- GNP).

Fronteira entre Galicia e Portugal
Fronteira entre Galicia e Portugal | Fonte: Concello de Tui

Con todo, recoñece que, entre Galicia e o Norte de Portugal, hai aínda "niveis de desenvolvemento distinto". "No caso do Norte, aínda somos unha rexión relativamente desfavorecida con salarios máis baixos e terreos industriais con prezos máis reducidos, para empresas galegas que, por iso, escollen esta localización, en detrimento da propia Galicia”.

AS "MANS CUALIFICADAS" DE PORTUGAL

Non obstante, tamén cre que non se trata só dunha cuestión de prezo" porque se o Norte portugués non tivese, agora, "máis man de obra calificada do que no pasado", a par de boas infraestruturas, “esta deslocalización non acontecía”. “Pero canto maior sexa conexión en termos de cooperación coa Galiza, máis pode o Norte aprender con aquela rexión e usar a súa experiencia para o seu propio desenvolvemento”, indicou nunha entrevista na Axencia Lusa.

"Falamos de competencia, mais cunha dinámica de cooperación. A única forma de Norte e Galiza se afirmaren como competitivas á escala global é nunha lóxica de interacción", defendeu, destacando que entre Portugal e a Galiza hai unha "fronteira bastante permeável" onde "a interacción é grande", sen comparación con outros puntos.

PROXECTOS CONXUNTOS

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal (AECT -- GNP), creada en 2008 á sombra do Eixo Atlántico, puxo en marcha proxectos como o IACOBUS de mobilidade académica na eurorrexión, os 'Job Days' de promoción de contratación de traballadores, o ARIEM para xestión conxunta de emerxencias na fronteira ou o Programa Literario Nortear, entre outros.

Silva asegurou que, logo de case dez anos, foi feito “un traballo de cooperación estratéxica e de proximidade”, sendo posíbel "imprimir unha dinámica de desenvolvemento que permitiu unha correcta equiparación do Norte coa Galiza”. "Este lado da fronteira entre Portugal e España é o máis dinámico de todos", destacou. 

“Con todo esta é aínda unha fronteira con problemas graves en termos de vulnerabilidades económica e demográficas", dixo Ester Silva, para quen "as medidas que foron desenvolvidas até ao momento procuran contrarrestar esa tendencia, aínda que non sexan suficientes". "Hai outras materias que teñen que ser olladas no ámbito transfronteirizo e que pasan por unha mellor articulación entre os gobernos de Portugal e de España", sinalu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta