Este é o vídeo promocional en galego de Carnota, premiado na Feira de Turismo de Berlín

O Concello dá a coñecer a peza ‘O Legado’, galardoada nos premios The Golden City Gate.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 13/03/2018 | Actualizada ás 15:59

Comparte esta noticia

O novo vídeo turístico e institucional do Concello de Carnota, que leva por título ‘O Legado’, e que acaba de ser premiado nos The Golden City Gate Awards 2018, xa está dispoñible na páxina web do Concello e nas súas redes sociais. 'O Legado recibiu o segundo premio na categoría de rexións nun dos certames máis prestixiosos a nivel mundial dentro da industria do turismo.

Fotograma do vídeo promocional 'O Legado' do Concello de Carnota.
Fotograma do vídeo promocional 'O Legado' do Concello de Carnota.

“O Legado” destaca pola forza das súas imaxes e pola súa emotiva mensaxe, que logrou conquistar ¡o público local e internacional. Nel, relátase a historia de Marco, un emigrante galego no norte de Europa, que regresa a Carnota logo da morte do seu avó. Este deixoulle un testamento no que relata o seu emocionante e sorprendente legado.

O vídeo é unha produción en versión orixinal galega con versións subtituladas en castelán e inglés incluído dentro da campaña de promoción turística “Carnota é túa” que  presentou o Concello o pasado 16 de Febreiro.

Trátase dunha aposta de promoción turística para dar a coñecer os recursos locais e atraer o turismo  nacional e internacional á zona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Melchor

No hace falta premios El premio es disfrutar el paisaje y el paisanaje de la zona

1 BenFeito

Precioso. Felicidade Marco...e a coidar a herdanza!