Os alcaldes das mareas, Beiras, Villares, Pontón e Lores, entre as case 100 firmas pola absolución de Emilio Cao

O mozo acusado de desorde pública e atentado contra a autoridade enfróntase "con incerteza" a cinco anos e oito meses de cárcere

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2018 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Ao redor de 90 persoas, entre as que se atopan intelectuais, alcaldes e deputados no Parlamento galego e no Congreso, asinaron o manifesto que protesta contra a "maquinaria propagandística e represiva" do Estado español e que pide a absolución de Emilio Cao, o mozo de 22 anos orixinal do Carballiño (Ourense) que foi detido o 22 de marzo de 2014 após a súa participación nunha 'marcha da dignidade'. Aquel día, ao redor dun millón de persoas concentrouse en Madrid baixo a lema 'pan, traballo e teito para todos e todas'. O mozo, que participou nas mobilizacións, enfróntase o vindeiro luns a cinco anos e oito meses de prisión por supostas desordes públicas e atentado á autoridade nun xulgado do penal de Madrid.

Marilar Aleixandre e Suso de Toro en rolda de prensa xunto a Emilio Cao
Marilar Aleixandre e Suso de Toro en rolda de prensa xunto a Emilio Cao | Fonte: Europa Press

Neste contexto, nunha rolda de prensa este mércores, o propio Cao anunciou que o manifesto recolle 90 firmas que inclúen as dos alcaldes de Santiago, Mariño Noriega; A Coruña, Xulio Ferreiro; Ferrol, Jorge Suárez; e Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; entre outros rexedores locais.

Ademais, asinárono outros representantes políticos como os portavoces parlamentarios de En Marea e o BNG, Luís Villares e Ana Pontón, ademais de intelectuais como o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras e escritores como Suso de Toro e Marilar Aleixandre, que foron dos primeiros asinantes e que tamén participaron na rolda de prensa.

Durante a súa intervención, Cao admitiu que sente unha "incerteza que non sabe como enfrontar" ante a súa cita coa Xustiza do próximo luns, aínda que considera que "non debería ter ningún tipo de problema" para conseguir a absolución.

Ademais, asegurou que a súa situación "non é un caso illado", senón que é unha "realidade de moitas persoas en rebelión que deciden dicir basta contra o Estado" e que, como el, enfróntanse a "penas de prisión elevadísimas e a sancións económicas que non poden asumir". "A mobilización da sociedade non vai frear", advertiu.

"HEROE POLA DIGNIDADE"

Pola súa banda, Aleixandre censurou a deriva "autoritaria" do Goberno español contra a liberdade de expresión e erixiu a Cao nun "heroe que loita pola dignidade".

"As 'marchas pola dignidade' eran para solicitar pan, traballo, vivenda e isto é polo que agora se quere condenar a Emilio", criticou á vez que expresou que "quen debería estar no cárcere é a xente que roubou", como Rodrigo Rato, exemplificou.

"Para persoas como eu, que vivimos baixo o franquismo, é terrible ver que neste momento aínda hai cousas polas que loitamos hai moitos anos, cando vivía o ditador, e que agora se están repetindo", lamentou a escritora.

A continuación, De Toro afirmou que Cao é unha "vítima dun experimento político" dun Estado español "cada vez menos democrático". "Están a experimentar que dose de franquismo podemos soportar", declarou para despois afirmar que é algo "propio" do Goberno dun partido "fundado por franquistas".

E é que, nas súas palabras, "isto non é algo que poida sentir Emilio" ou os que foron "militantes antidictatoriais" —entre os que se incluíu—, senón que tamén o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) "denunciou e sentenciou que no Estado español se recorta a liberdade de expresión".

MOBILIZACIÓN NOS XULGADOS

Tal e como lembrou o membro da plataforma pola absolución de Emilio Cao, Lucía Suárez, na madrugada do próximo luns sairán desde Santiago varios aubuses gratuítos cara aos xulgados do penal na rúa Julián Camarillo de Madrid para secundar unha concentración en solidariedade co acusado.

Ademais, celebrarase este mércores, ás 20,00 horas na Praza do Matadoiro da capital galega, un micro aberto sobre as liberdades civís. A este evento súmase o concerto deste xoves, ás 21,00 horas na Sala Malatesta, que darán os grupos galegos Ataque Escampe, Atrás Tigre, Rebelión do Inframundo e O Leo i Arremecághona en apoio a Cao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Nexus 6

Supongo que haría algo más que berrear por la calle...el angelito

1 Nexus 7

Y tu progenitora sigue en la misma esquina ?

1 ramon o do celticorn

co patrocinio do ((vieiras as penas poden ser de 30 anos... non se fien do ((vieiras non se fien dos ((mareados, que enseguida rematan por tirarche o cubo do lixo - https://www.youtube.com/watch?v=2Ad...