Temas: CíES TURISMO

Estréase o sistema de reservas para visitar as Cíes

A plataforma en liña xa está en funcionamento. Só se poderá acceder ao arquipélago con autorización oficial.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/03/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia vén de estrear o sitio web para realizar as reservas para acceder ás Illas Cíes, espazo do Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia ao que só se poderá acceder desde agora cunha autorización oficial.

Illas Cíes
Illas Cíes

O novo espazo en liña para solicitar os permisos estreouse esta semana de cara a xestionar as visitas en Semana Santa.

O proceso é similar ao aplicado na praia das Catedrais, en Ribadeo. En cada solicitude pódense agregar ata 25 visitantes, incluíndo os datos persoais de todos eles. Os xestores deste espazo calculan un tempo de media hora para realizar a operación. Finalizada a operación, envíase o localizador e unhas recomendacións de visita por correo electrónico. 

O usuario obtén un localizador QR que terá que ensinar para acceder ás Cíes. Os visitantes deberán ir debidamente identificados co documento incluído na solicitude de alta.

Con todo, ter esta autorización non supón dereito a billete nas navieiras que transportan turistas ao arquipélago, polo que se aconsella compralos con antelación.

Temas: CíES TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta