Temas: MIGUELIANOS

Laicos ex-membros dos 'Miguelianos' vinculan o seu silencio ao bispo

Un grupo de persoas laicas que pertenceron á Orde e Mandato de San Miguel Arcángel, coñecida como dos 'Miguelianos', defendeu este xoves a inocencia do líder, Miguel Rosendo.

Por E.P. | VIGO | 15/03/2018 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Nunha rolda de prensa ofrecida en Vigo, este grupo asegurou que Miguel Rosendo, que permanece en prisión provisional desde decembro de 2014, "nunca influíu" nas súas "decisións". Con todo, apuntaron, do mesmo xeito que xa o fixeron as consagradas en días previos, que si se sentiron "ameazados" por Isaac de Vega, capelán do cárcere da Lama e persona que destapou o caso de supostos abusos sexuais na organización relixiosa.

Consagrados dos Miguelianos dan unha rolda de prensa
Consagrados dos Miguelianos dan unha rolda de prensa

En canto aos familiares que emitiron publicamente as súas acusacións contra Miguel Rosendo e varios membros da orde, o grupo de laicos criticou que eles aprobasen a entrada na orde de varias mozas como consagradas e despois secundasen as denuncias.

(Haberá ampliación)

Temas: MIGUELIANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta