“Un demócrata debe respectalas”, di o líder do PPdeG sobre as sentencias europeas en contra de España

O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos deu a coñecer dúas sentencias nos últimos días nos que condena a España a indemnizar a dous etarras por malos tratos e a dous cataláns que queimaran fotos do Rei e foran condenados a 15 meses por inxurias á Coroa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Dúas sentenzas da UE en moi pouco tempo e as dúas condenando procesos da xustiza española que poden poñer en aputros ao Executivo de Mariano Rajoy. “Un demócrata debe respectar as sentenzas”, dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pero pediu estudalas para coñecer a súa validez.

Queiman unha foto do rei e monarca de España, Felipe VI
Queiman unha foto do rei e monarca de España, Felipe VI

“Son dúas sentenzas concretas sobre dúas persoas concretas. Non vou facer unha valoración máis alá de respectar as sentenzas sobre unha cuestión concreta que afecta a dúas persoas concretas”, dixo. Referíase ao que dictaminou o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos nos últimos días condenando a España a indemnizar a dous etarras por malos tratos e a dous cataláns que queimaran fotos do Rei e foran condenados a 15 meses por inxurias á Coroa.

Respectemos as sentenzas, as que gusten máis, as que gusten menos. Un demócrata debe respectar as sentenzas e, por suposto, eu respecto as sentenzas de calquera tribunal, afecten a quen afecten. Haberá que estudar eses casos concretos e porque o tribunal se manifesta nese sentido”, indicou ao ser pregutnado.

DOUS CASOS

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) condenou hai uns días a España polos malos tratos infrinxidos durante o seu arresto e detención incomunicada aos dous membros de ETA que atentaron na T-4 do aeroporto de Madrid-Barallas, o 30 de decembro de 2006.

O fallo conclúe que España vulnerou a prohibición de tratos inhumanos ou degradantes no seu aspecto material (os malos tratos en si) e procesual (non investigalo), que recolle o Convenio Europeo de Dereitos Humanos. Catro dos sete xuíces da Sala Terceira votaron a favor de que o Estado indemnice aos dous demandantes, Igor Portu Juanenea e Martín Sarasola Yarzabal, con 30.000 e 20.000 euros, respectivamente, por danos morais.

Tamén o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos deu este martes a razón a Enric Stern e Jaume Roura, os dous mozos que en setembro do 2007 queimaron unha fotografía do Rei e foron condenados a 15 meses de cárcere por inxurias á Coroa. Segundo os xuíces de Estrasburgo, ao contrario do que sentenciou o Tribunal Constitucional español, o castigo vulnerou o seu dereito á liberdade de expresión e España terá que indemnizarlos con 7.200 euros a cada un.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 non ha xustiza ha constitucion

En expaña non ha xustiza, ha constitución!, e o que dirixe o tinglado o rueda valenciano tan tranquilo de ter montado o que ten montado como os funcionarios non son gardas civis con porras dalles igual que non cobren, asi esta a xustiza feita un trapo, un-ha inxustiza, en EUROPA xa saben o que é EXPAÑA un wáter cheo de porcallada, por ahí fora non poden engañar a ninguen, namentras aquí os animalotes chamados merdocratas expañolentos a finxir no teatro que traen entre mans que son demócratas que son seica incluso liberáis ou cristians, ou socialatos ou podreiros (mareados) que para o caso son o mesmo... EXPAÑOIS LADRONS!

1 Nexus 6

Cuando ellos indemnicen al resto de los españoles por malos tratos, insultos, vejaciones, provocaciones, coacciones y muchos más "-ones", yo, como español, no tendré problemas en indemnizarles a ellos. Por mis coj -"ones"

1 Ouveos españolistas

Paspanciño fascista, ti como contribuinte do Estado bananeiro español vas indemnizalos, queiras ou non, como manda a sentenza contra a que non caben recursos nin alegatos a resolver en tribunal amigo da burla chamada xustiza española. Igual que vas pagar as arbitraxes internacionais, demandas que o Estado bananeiro vai perdendo, unha a unha, e que os medios concertados co poder tapan... E van ser millonarias as perdas, e ti serás dos que pagan!