Profesores de portugués denuncian condicións de precariedade laboral e mala xestión no seu traballo

Piden que se regule esta “situación inxusta e prexudicial” para o ensino da lingua portuguesa en Galicia e consideran que “existe un claro desleixo e unha desvantaxe comparativa a outras linguas estranxeiras”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/03/2018 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Asociación de Docentes de Portugués en Galicia lanzou unha campaña de sensibilización xunto con axentes educativos, alertando para a necesidade dun ensino "de calidade". Nun comunicado remitido á Axencia Lusa, a asociación explica que a acción pretende denunciar "as condicións de precariedade laboral e de mala xestión en que se encontra actualmente o ensino da lingua portuguesa na Galiza".

Estudantes nunha clase de portugués
Estudantes nunha clase de portugués | Fonte: blog.esl-idiomas.com

A asociación considera "inxusta e prexudicial para a calidade educativa a política de substitución de docentes practicada pola administración educativa galega". "Cando é preciso facer a substitución dun docente de lingua portuguesa no ensino secundario (e até nas escolas de linguas) recórrese á listaxe específica de portugués para Escolas Oficiais de Idiomas (EOI), por orde de posición sen ter en consideración se a persoa ten formación, comprobada, na materia", denuncia a entidade.

SITUACIÓN “INXUSTA E PREXUDICIAL”

Con esta campaña, a asociación de profesores de portugués "pretende alertar sobre este feito e envolver á totalidade dos axentes educativos para a esixencia e regulamentación desta situación inxusta e prexudicial para o ensino da lingua portuguesa na Galiza".

"Consideramos que existe un claro desleixo e unha desvantaxe comparativa a outras linguas estranxeiras, igualmente opcionais. Este conxunto de circunstancias incide directamente sobre a calidade do ensino/aprendizaxe dos alumnos", sustenta a asociación.

O portugués está collendo importancia en Galicia como segunda lingua
O portugués está collendo importancia en Galicia como segunda lingua

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 APNn

O portugués non se debería ensinar en Galicia, co galego xa o entendes e aforras Tempo.

2 Luludelaluz

E hora xa que o portugués se imparta en todos os centros ou se impulse a súa impartición coa convocatoria de prazas para especialistas nas oposicións. Ademais débese impulsar o achegamento á realidade cultural e lingüística da lusofonía dende primaria e esta debe de ser efectiva. Por que non unha enquisa sobre este tema? E de paso poden preguntar tamén sobre a visibilización das mulleres nas distintas disciplinas ou o fomento da lectura nestas? Está no papel, pero creo que compriría comprobar se se está a cumprir. A ver, facede unha proba sinxela: preguntádelle aos vosos fillos cantas científicas coñecen?

1 parrulo

pois é unha mágoa que non se apoie máis esta lingua, que é moi próxima á nosa e ademáis ten unhas interesantes saídas profesionais.