A biblioteca de Fisterra, unha historia de amor e insistencia pola cultura

Fisterra reabre este servizo público logo de anos de abandono e grazas a implicación de veciños e voluntarios.

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 20/03/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Chegou a ter 2.500 socios e ser un dos centros de cultura máis importantes da Costa da Morte, pero desde facía anos, Fisterra estaba sen un importante servizo público para nenos e adultos, a súa biblioteca. 

Espazo destinado á Ludoteca na nova biblioteca pública de Fisterra
Espazo destinado á Ludoteca na nova biblioteca pública de Fisterra | Fonte: QPC

Era unha demanda histórica xa que Fisterra era unha das poucas vilas galegas sen ter biblioteca. Unha carencia que deixará de existir, coa apertura, o vindeiro venres 23 de marzo da nova Bibioteca Municipal. A nova Biblioteca estará situada no que pasa a ser o Centro Cultural da Casa do Arco. Un espazo compartido coa activa Aula Cemit que contará cunha sala de lectura, ludoteca, contacontos, exposición de libros antigos, entre outras.

“Durante tantos anos non fixeron nada por facer unha casa da Cultura, e nós temos creado este novo proxecto que esperemos que chegue a bo porto”, sinala a edil Teresa Fernández. A historia desta recuperación é ademais unha historia de vontade cidadá, pois ademais da implicación clara das concellerías que dirixen Teresa Fernández e Kuka Sar, foron moitos os voluntarios que fixeron posible a rehabilitación das instalacións.

VOLUNTARIOS

Ademais, a apertura vai depender dos voluntarios, xa que a nova Lei Montoro impide ampliar persoal nos concellos de menos de 5.000 habitantes. Deste xeito, por agora só poderá abrir polas tardes.

Entre os traballos de recuperación destaca a rehabilitación de parte dunha colección da historia de Galicia, que estaba moi danada, e serve para crear unha fermosa libraría decorativa.

A esperada apertura irá acompañada dunhas completas Xornadas culturais dedicadas ao público infantil, coa intención de atraer a familias enteiras a que coñezan as novas dependencias municipais.

O programa é o seguinte:

Venres 23 de marzo: Ás 18:00 h.- Xornada de portas abertas.

Luns 26 de marzo: Ás 12:00 h.- Caxoto con Vellos Contos e Novos Finais.

Martes 27 de marzo: Ás 12:00 h.- Fran Rei cos Contos de Barriga Verde.

Mércores 28 de marzo: Ás 12:00 h.- Maxia a cargo de Dani García con 1,2,3 probando.

Coa colaboración de QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 violeta

Debemos enfocarnos en la educación mucho. En que sepan matemáticas, filosofía, mitología maya, azteca, celta de todo. https://www.mitologia.info/maya/dio...

1 Xanc

Kuka Sar, tenente alcalde... do BNG! Galicia Confidencial, non obviedes isto que se vos ve o plumeiro. Dicide comigo, B-N-G, B-N-G... colabora na recuperación da biblioteca de Fisterra

1 Loisin

Marea de Fisterra? Non. PP de Fisterra? Non! Foi o BNG o que colabora con esta iniciativa de recuperación cultural