Temas: RACISMO

Máis de cen persoas concéntranse en A Coruña pola morte dun inmigrante en Lavapiés

A protesta convocouna a Asociación Áfriva Universal que defendeu que "sobrevivir non é delicto"

Por E.P. | A Coruña | 18/03/2018 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Máis dun cento de persoas asistiron na Coruña á concentración convocada en memoria de Mame Mbay, inmigrante falecido en Lavapiés, Madrid. O obxectivo era sensibilizar sobre a situación en que están os cidadáns africanso en España e manifestarse contra o racismo.

Concentración en A Coruña tras falecemento mozo senegalés en Madrid
Concentración en A Coruña tras falecemento mozo senegalés en Madrid

A convocatoria partiu de Asociación Áfricca Universal con sede na Coruña, e que ten algo máis de cen asociados, deles o 99% son de Senegal. Co lema  "Sobrevivir non é un delito", o colectivo comezou as súas protestas na praza das Conchiñas e seguiu ata o Obelisco, defendendo así que esta "xente está querendo sobrevivir"

"Por sobrevivir non teñen que martarnos, envían acusacións dun lado para outro, e todos sabemos o que está ocorrendo, algo vai mal se unha persoa que leva en España 14 anos non está regularizada, algo vai mal", dixo Laminne Sarr, portavoz da asociación que agradeceu a colaboración doutras entidades como Viraventos e Ecos do Sur.

"Non queremos racismo na nosa cidade nin na nosa sociedade" declarou Lamine Sarr, que proclamou que "basta xa de brutalidade policial sexas quen secxas". "Levo desde o 2000 en España e desde o 2002 na Coruña e eu tamén vivín episodios de racismo", denuncia.

Temas: RACISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rasistas todos

Os infartos tamén son rasistas.