Emilio Cao: "A miña condena quere acabar con toda disidencia política"

Suspendido o xuízo ao non comparecer unha axente de Policía que participou na detención deste mozo galego, arroupado por centos de persoas en Madrid que esixen a súa libre absolución.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 19/03/2018 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A vista para xulgar a Emilio Cao por ter participado e detido nunha manifestación das Marchas da Dignidade en 2014 suspendeuse este luns en Madrid, ao non presentarse a dar testemuña unha axente da Policía Nacional que participou no seu arresto. Segundo o avogado de Emilio Cao, Enrique Santiago Romeu, o xuíz do Xulgado do Penal número 6 de Madrid decidiu aprazar a vista até o próximo 25 de xuño, ás 09,30 horas, día no que a axente se reincorporará logo do seu permiso laboral.

Emilio Cao, en Madrid, arroupado por activistas e políticos.
Emilio Cao, en Madrid, arroupado por activistas e políticos.

O letrado engadiu que está previsto que outro dos axentes declare por videoconferencia, un extremo ao que se opón porque pretende mostrarlle en persoa un vídeo do momento da detención de Cao, onde "se ve que non fixo nada".

O fiscal pide cinco anos e oito meses de cárcere para este mozo galego por desordes públicas e atentado á autoridade. O seu avogado, no entanto, defende que a axente de Policía "se tropezou e caeu".

Acompañado ducias persoas nos xulgados madrileños, Cao, de 22 anos, declarou sentirse "nervioso", pero "arroupado» ante un xuízo no que se procura facer da súa condena un "castigo exemplar" para "acabar con toda disidencia política da cidadanía consciente", denunciou. 

O portavoz da Plataforma de familiares e amigas de Emilio Cao, Pepe Arias, salientou que "nun tempo de marcado autoritarismo e de ataques frontais á liberdade de expresión por parte do Estado Español xa condenadas polo Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, a Galicia que se move está presente en Madrid para reivindicar a libre absolución, tras catro anos de espera e coa confianza de que se resolva positivamente". 

Adermais desta plataforma, Emilio Cao contou este luns coa compañía de representantes políticos de En Marea e o BNG e o apoio expreso dos alcaldes de Santiago, Martiño Noriega; Ferrol, Jorge Suárez; A Coruña, Xulio Ferreiro; Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores Pontevedra e Carballiño, Francisco Fumega, ademais de personalidades destacadas da sociedade civil galega que suman xa máis de 700 sinaturas nun manifesto que pide a súa absolución.

"DETIVÉRONME SEN XUSTIFICACIÓN"

O mozo do Carballiño (Ourense), que actualmente estuda Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), foi detido por un policía que, segundo a versión que explicou en rolda de prensa o propio mozo, non estaba identificada como tal cando o arrestou, nas proximidades da rúa Génova.

"Vinme envolvido nos disturbios e detivéronme sen xustificación", explicou o mozo nunha comparecencia na que saíu apoiado polo viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, quen mostrou "toda a súa solidariedade" a este mozo que entón tiña 18 anos e estaba no instituto.

Emilio Cao defendeu que el non participou en ningún disturbio e que mesmo tratou de marcharse ante o que estaba a ocorrer, pero non o conseguiu e acabou detido.

O deputado Antón Sánchez asegurou que ese mesmo día se atopaba nesa zona e tívose que refuxiar nun bar, que baixou as persianas polo que estaba a suceder. "Eu estaba alí exercendo o dereito a manifestarme e leváronme a Comisaría", relatou o mozo galego.

ABSOLUCIÓN

O estudante galego explicou que houbo 24 detidos e que algúns xa foron xulgados e "absoltos por falta de probas", o que, na súa opinión, "certifica" que "non houbo delito por manifestarse" e dálle esperanzas. "Tocoume a min", lamentou.

Este últimos catro anos viviunos con "incerteza e medo" estudando en Compostela ata que lle chegou a citación, a finais de xaneiro.

Para o viceportavoz de En Marea, este caso é un "exemplo" da deriva "autoritaria" en España e citou o caso do "secuestro" xudicial do libro 'Fariña'. En última instancia, Antón Sánchez lamentou que lle poden "romper" a vida a este mozo e considera que Emilio Cao precisa de "todo o amparo de quen defenden a democracia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Undopobo

O que está na foto tras este rapaz ¿é Torrente?

1 Nexus 6

Pero a éste, ¿le juzgan sólo por berrear por la calle o hizo alguna cosita más? Me da la impresión de que se pasó de vueltas con eso del furor en la protesta y claro... se le fue la mano en la aplicación de la práxis revolucionaria. Pues nada, una temporadita a la sombra para que reflexione y se calme. Luego, si así lo desea, que monte una asociación nazionalista en su pueblo y haga proselitismo en la taberna mientra trasiega licor café e intenta convencer a sus paisanos de que la salida a todo está en ser comunista y berrear por la calle.