Emilio Cao: “Sufrín a represión do Goberno do PP nas miñas carnes”

Asegura que cinco antidisturbios se botaron enriba del e o aplastaron cos seus escudos. A Fiscalía pide, agora, que sexa condenado a 5 anos e 8 meses de cárcere e ao pago dunha multa de 600 euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/03/2018 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O 22 de marzo de 2014 decenas de miles de persoas, chegadas de todo o Estado e convocadas polas marchas da Dignidade, encheron as rúas de Madrid. Pedían "pan, traballo e teito". Pero antes de que rematara a manifestación comezaron altercados e a policía cargou contra os e os mobilizados. Houbo 24 persoas detidas, tres galegas, e entre elas estaba Emilio Cao, do Carballiño, que entón tiña 17 anos, e que foi acusado de agresión e atentado á autoridade.

Emilio Cao, mozo galego que será xulgado Madrid
Emilio Cao, mozo galego que será xulgado Madrid

“Eu fun o que sufrín a represión do Goberno do PP nas miñas carnes por defender demandas democráticas como é pan, traballo e teito”, apunta Emilio Cao. Así, lembra que os disturbios comezaron en horario legal da protesta e que o agredido foi el.  “Hai fotos que se me ve a min con cinco antidisturbios enriba aplastándome cos seus escudos. Penso que nesa posición sería imposible que agredira a ningún policia, nin resistirme, nin nada. Esa acusión desmóntase por iso soa”, apunta neste vídeo de Lentes Diverxentes.

A Fiscalía pide, agora, que sexa condenado a 5 anos e 8 meses de cárcere e ao pago dunha multa de 600 euros. Emilio Cao, que estuda Filosofía na Universidade de Santiago, destaca que a súa vida quedaría "completamente esnaquizada" de confirmarse a condena. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Pánfilo

Cala pánfilo!! Que saberás ti de disidencia política e represión se es un neno de papá con gañas de dar a nota... Ogallá te metan eses anos no cárcere se o xuíz o considera así. Seguro que te facías o valente insultando e tirando cousas á policía...agora non chores como perrofaluta o que non soubeches defender como home.

1 fma

Co teu nome xa o dis todo (Pánfilo). Tamen teño que decir como xente como ti e os teus comentarios no me extraña que en españistan os dereitos humanos estén a altura de Burundi, xa pasamos a Turquia a toda velocidade coa marcha a tras posta. Menos mal que Europa nos acolleu e para que che dean a razón en dereitos humanos quedan os tribunais europeos... se non o tempo, esto acabará en Europa.

2 Pánfilo é el non eu bo x2

fma. Cala anda e vai poñer potas bomba polos caixeiros que son os dereitos humanos que coñecedes... Que falarás ti de comparar ESPAÑA con Turquía, alí a xente coma ti xa a tería colgada dun poste e aquí pululades polas manifas rompendo e queimando todo.