O TSXG declara ilegal esixir o nivel B1 dun idioma estranxeiro para graduarse en Historia na Universidade de Santiago

Os maxistrados afirman que, “ao non acharse no plan de estudos aprobado e publicado", esta esixencia "non cabe impoñela para a obtención do título”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/03/2018 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera ilegal nunha sentenza que se esixa o nivel  B1 dun idioma estranxeiro para obter un título universitario se este requisito non está incluído no plan de estudos. O caso concreto estudado refírese ao grao en Historia da  Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Facultade de Historia da Universidade de Santiago
Facultade de Historia da Universidade de Santiago | Fonte: Iago Pillado en Wikipedia.

Afírmase na sentenza que “se se analiza seguidamente o plan de estudos resumido por módulos e por cursos, non aparece por ningunha parte a esixencia de coñecemento do nivel  B1 dunha lingua estranxeira, nin sequera de coñecemento transversal”. Así, os maxistrados afirman que, “ao non acharse no plan de estudos aprobado e publicado, a esixencia de coñecemento do nivel  B1 da lingua estranxeira, non cabe impoñela para a obtención do título”.

“A autonomía universitaria permite que cada Universidade tome a iniciativa na elaboración do plan de estudos ao comezo do procedemento de verificación e acreditación dos títulos, pero non ampara que, unha vez aprobado e publicado o plan de estudos, se introduza esta esixencia do nivel B1 de lingua estranxeira, que non figura naquel plan, como requisito imprescindible para a obtención do título”, indícase no fallo.

Para o tribunal, “non cabe negar a competencia da USC para a introdución da devandita esixencia, pero iso non pode realizarse á marxe do plan de estudos e a través dun acordo do  Consello de Goberno, pois entrañaría prescindir de canto impón a regulación contida no  RD 1393/2007 para a obtención do título, e supoñería unha esixencia engadida sen amparo normativo algún, de modo que non cabe negar a expedición do título cando acreditou superar toda a formación teórica e práctica obrigatoriamente esixida polo seu plan de estudos”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Un3

Guai

1 teutonio

Ai que acavar con la himposicion del hingles, LIBERTAZ!