Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2018 | Actualizada ás 15:35
O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Ferrol obriga ao Concello de Fene a retomar, no prazo de dez días hábiles, o pleno extraordinario no que estaba previsto debater unha moción de censura promovida polo PP e Somos Fene.
Así o decreta nunha sentenza e dous autos, nos que decide sobre esta sesión que non chegou a celebrarse despois de que a presidenta da mesa de idade decidise suspender a sesión ao alegar que non estaba lexitimado que os dous edís de Somos Fene, Xosé Manuel Bastida e César Castro, fosen os representantes legais deste grupo.
O alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG) confirmou que, "tanto a sentenza que obriga a convocar o pleno extraordinario no prazo de dez días hábiles" como o auto que di que os "concelleiros" son os representantes de Somos Fene, tivo entrada no rexistro do Concello este xoves polo que procedeu a convocar a sesión para o 6 de abril ás 12,00 horas.
MOCIÓN ERRADA
Foi o 26 de outubro de 2017 cando a mesa de idade do Concello de Fene decidiu non debater a moción de censura ao alegar que "a suspensión das condicións de edís non adscritos dos concelleiros de Somos Fene baseábase nunha medida cautelar" e que aínda non fora revogada por sentenza firme e definitiva, como agora si ocorre.
De prosperar esta moción, será Gumersindo Gallego (PP) o que pase a ocupar a Alcaldía do municipio situado na ría de Ferrol, como recollía a petición de moción de censura avalada polo sete edís do Partido Popular e os outros dous de Somos Fene, sumando nove do dezasete edís que compoñen o pleno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.