Temas: FUTBOLíN LUGO

Cando o futbolín se converte en ciencia

Preto de 500 inscritos de todo o Estado no XXI Máster de Futbolín de Rábade.

Por Galicia Confidencial | Rábade | 29/03/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Desde que Alexandre de Fisterra inventou o Futbolín este xogo non deixa de aumentar os seus siareiros. Tal é a súa importancia que ata conta con numerosos manuais de xogo e campionatos por todo o mundo. Un dos máis coñecidos é o de Rábade, en Lugo, que xa vai pola súa XXI edición.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, e o Concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, xogando ao futbolín
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, e o Concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, xogando ao futbolín | Fonte: Deputación de Lugo

O Máster de Futbolín de Rábade é unha cita que ano a ano logra atraer a un maior número de persoas, entre participantes e veciños da comarca que se achegan a presenciar un espectáculo único na provincia de Lugo. Este ano, a cifra de inscritos acada xa os 500 xogadores de todas as comunidades autónomas españolas.

Este ano haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en becas deportivas. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes”.

PROGRAMACIÓN

A programación do XXI Gran Master Nacional de Futbolín é a seguinte:

Xoves, 29 de abril:

- 16:30 horas: Comezo do máster (Modalidade infantil 2000-2017)

- 17:00 horas: Sorteo de parellas cegas

- 18:00 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’

Venres, 30 de abril:

- 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’

- 17: horas: Modalidade ‘Feminina’

Sábado, 31 de abril:

- 11:00 horas: Modalidade ‘En movemento’

- 21:00 horas: Finais

- 23:00 horas: Entrega de premios e clausura

Temas: FUTBOLíN LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GilbertCampana

En https://www.footballjerseyer.com/ también puedes ver todas las camisetas del equipo de la Copa Mundial 2018. Por supuesto que te gusta!