A campioa de salto de altura Saleta Fernández recoñecida en Monforte

Recibiu unha réplica do edificio dos Escolapios e asinou no libro de honra do concello como recoñecemento aos seus méritos deportivos.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 03/04/2018 | Actualizada ás 09:40

Comparte esta noticia

A monfortina Saleta Fernández tivo unha recepción no concello de Monforte antes da Feira Medieval para recibir das mans do alcalde José Tomé unha réplica do emblemático edificio dos Escolapios como recoñecemento aos méritos deportivos acadados; entre eles o recente campionato de España de salto de altura.

Recepción de Saleta no concello
Recepción de Saleta no concello

O alcalde aproveitou a ocasión tamén para pedirlle que asinara no libro de honra do consistorio e lembrou que co acordo acadado por unanimidade no pleno anterior as pistas de atletismo da Pinguela levarán o seu nome e en breve se colocará unha placa para tal fin.

A homenaxeada tivo palabras de agradecemento ao Concello, club e familiares presentes no acto por recoñecer non só os méritos e medallas que se acadan se non tamén o traballo e o esforzo que hai detrás deles. Así mesmo agradeceu que se pensara nela para que as pistas leven o seu nome e indicou que aínda que lle parece “excesivo” este mérito vai estar moi orgullosa desta honra.

Saleta Fernández asinando no libro de honra. Foto: Concello Monforte
Saleta Fernández asinando no libro de honra. Foto: Concello Monforte
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 vov321

La fuerza es sin duda fuerte con nosotros en este momento - # MayThe4thBeWithYou en #StarWarsDay! 🔵🔴 ¿Quién lo haría en tu Star Wars Barça XI? Comenzaremos con Sergi Rober2-D2 ... ¡adelante! Ver más: http: //www.spnfutbol.es/