Queres saber que é o Mindfulness?... Achégate a esta nova visión da psicoloxía

A psicóloga Belén Colomina impartirá outra conferencia no programa de Educación Siglo XXI organizado por Afundación.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/04/2018 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

mindfulness axuda a fomentar a calma e a estabilidade mental, a adestrar a conciencia corporal e emocional e a desenvolver actitudes e valores construtivos e colaborativos. Todo isto permite coñecerse mellor para relacionarse dun xeito saudable coas demais persoas.

Belén Colomina
Belén Colomina | Fonte: Afundación

Precisamente, e para coñecer mellor esta técnica, a psicóloga e terapeuta Gestalt, Belén Colomina, ofrecerá o relatorio «Mindfulness para familias. Educar para ser feliz». En total serán dúas as oportunidades para escoitar a Colomina, a primeira  na Sede Afundación de Lugo este xoves 5 de abril  e o día 6 en Pontevedra, nos dous casos ás 20.00 h. 

Belén Colomina falará sobre temas relacionados coa familia como grupo social primario, un dos sistemas onde se xesta a educación dos máis novos. As novas configuracións familiares e as múltiples demandas ás que se enfrontan hoxe en día, converten o feito de educar nun reto. Para iso a relatora presentará a técnica de mindfulness en familia como unha boa ferramenta coa que enfrontar os retos educativos. 

EDUCAR

Esta actividade enmárcase nas actividades educativas de Afundación. As súas propostas da Área Educativa abranguen múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais. O seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura.

Ademais tamén promove actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior. Crea actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio. Fomenta actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nunha contorna que innova de maneira permanente. E por último, anima a participar en actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta