Por Galicia Confidencial | Ourense | 08/04/2018 | Actualizada ás 23:37
A Consellería de Sanidade comezou a instalación de numerosas fontes ornamentais nos hospitais galegos. As primeiras xa chegaron ao novos hospitais con modelo público-privado e trátase de fluxos de auga do chan ao teito que provocan unha sensación de cascada moi conseguida.
O Sergas xa anunciou que chegaron aos hospitais: Cunqueiro en Vigo, Monforte, Pontevedra, e onte, inaugurouse a de Ourense. ‘Se trata de un nuevo modelo que estamos implantando. El agua corriente en medio de los pasillos y quirófanos ayuda a dormir a los pacientes por el sonido relajante del agua. Se trata de implementar la filosofía reiki en los hospitales. Si los recortes no permiten curarles el cuerpo cuando menos trataremos de alinear los chakras de su espíritu y nada lo consigue mejor que el agua’, indicaron voceiros do servizo galego de saúde.
O alcalde de Ourense, o exconselleiro Jesús Vázquez, amosou o seu malestar porque a Xunta de Galicia non o tivera convidado á inauguración. ‘Tal y como tenemos la ciudad estamos nosotros como para dejar pasar una inauguración como esta…’, declarou visiblemente anoxado.
O Sergas xa anunciou que as novas fontes e estarán dispoñíbeis proximamente en todos os hospitais e que teñen un plan para ampliar a idea a moitos centros de saúde. Nun futuro próximo indicaron que achegarán patos e outras aves acuáticas para facer que a experiencia dos pacientes sexa completa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.