Ciudadanos cre que Bará rompendo a foto do rei é "BNG en estado puro"

A portavoz do partido laranxa en Galicia, Olga Louzao, acusa aos nacionalistas de "radicalidade" e "irracionalidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2018 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, opinou que o deputado Luís Bará rompendo a foto do rei Felipe VI na tribuna do Parlamento é "BNG en estado puro", formación á que acusa de "radicalidade" e "irracionalidade".

Luis Bará (diputado del BNG) rompe el retrato del Rey
Luis Bará (diputado del BNG) rompe el retrato del Rey

"O señor Bará está a demostrar a radicalidade dun Bloque Nacionalista escuro cuxas excentricidades, máis aló da democracia e da opinión da maioría, só deixan patente a política do enfrontamento", critica Louzao.

Para a portavoz de Ciudadanos, "isto é o BNG", por "confrontación, radicalidade" e "irracionalidade". Neste sentido, tacha de "grave feito" e "lamentable" o acontecido no pleno.

"Para estas demostracións son nomeados os parlamentarios galegos?", pregúntase Olga Louzao, quen censura tamén que "por parte do PP só se soubo utilizar o mesmo método de confrontación", xa que o que era portavoz no debate, Alberto Pazos, respondeulle rompendo unha foto na que membros do Bloque saían con Arnaldo Otegi.

Respecto diso, Ciudadanos reflexiona sobre que "mentres que para uns o Parlamento galego é unha cámara de representación dos galegos, para outros é un só un lugar no que realizar protestas para captar aos medios, sen importar a aversión e a repulsa que este tipo de feitos provocan ás persoas que esa cámara debería representar".

Louzao lanza ademais unha mensaxe a todos os galegos para que, di, "ninguén se chame a engano" sobre "a verdadeira cara do Bloque Nacionalista Galego", e achácalle que pretende "levar a Galicia por un camiño que xa se comprobou noutros territorios que é o erróneo". Para terminar, pide "que cesen" estes comportamentos que ve "reprochables" e "antidemocráticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fernando G

En realidade, con este tipo de espectáculos conseguen un gran puñado de votos para Ciudadanos.

1 nostrus

Especimenes como este son los que inauguran la temporada de insultos como modo de expresion. Y luego son los que presumen de progresistas. Seria mejor que rompiera una foto sde su padre.