Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, suxeriu que a consulta aos inscritos da formación rupturista sobre o futuro da deputada implicada nun incidente coa Policía Local, Paula Quinteiro, non é inminente e mesmo tratou de sementar dúbidas sobre que se vaia a realizar.

Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea
Paula Quinteiro e Luís Villares, nunha foto de arquivo de En Marea | Fonte: Europa Press

Á súa chegada á reunión da Coordinadora de En Marea, dixo que non está incluída esta cuestión na orde do día. Con todo, fontes deste órgano aseguraron que si está previsto abordar cuestións de actualidade política en xeral e que, no marco deste punto da orde do día, sacarase esta cuestión.

Pero en todo caso, Villares quere gañar tempo e, publicamente, insistiu en que esta cuestión non está na orde do día. É máis, incidiu en que se se chega a convocar a consulta aos inscritos, sería o Consello das Mareas —máximo órgano de decisión entre plenarios— o que ten a competencia para facelo.

Villares evitou este luns, nunha rolda de prensa, avivar a polémica interna. As súas palabras foron acompañadas e secundadas polo deputado Manuel Lago, unha das persoas que como case a práctica maioría do grupo arroupou a continuidade de Quinteiro e a apertura dun expediente interno para aclarar o ocorrido e a súa actuación no control policial nocturno por mor dunha denuncia por vandalismo.

Villares, a diferenza do que dixo a pasada semana, cando compareceu só e, a título persoal, instou a Quinteiro a dimitir, ofreceu o luns desta semana unha rolda de prensa acompañado do portavoz económico do seu grupo e a preguntas sobre a evolución do caso internamente asegurou que non había "novidades" e insistiu en que En Marea "decepcionaría" se non "centrase" o interese "informativo" nas iniciativas políticas que impulsa.

"Nin se tomará unha decisión", dixo este mércores á súa chegada ao local de En Marea. A iso, engadiu que "chegado o momento, se é que se abordad, non a tomará a coordinadora, senón o Consello das Mareas", sementando así dúbidas de que finalmente se produza.

Fronte a estas declaracións públicas, membros da Coordinadora de En Marea aseguraron que si se convocará ao Consello para celebrar a consulta e afirmaron que, en todo caso, aínda que este mércores non se peche unha proposta, "si" se falará do caso Quinteiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Harta

Poca verguenza¡¡¡¡