Paula Quinteiro: "O meu caso é unha escusa para tensar En Marea por parte dunha minoría"

A deputada critica a Villares por "romper" a unidade de En Marea ao pactar con "sectores derrotados" nas eleccións á dirección. "Apelo a unha saída dialogada e fraterna. Se este sector minoritario entende a importancia do espazo de unidade popular", engade. Pide desculpas pero non fala de dimisión. Pola súa banda, o seu suposto substituto, no caso de que dimitira, Xoán Hermida, anuncia que renunciaría a substituíla por "ética política" tras coñecerse uns incidentes con policías locais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2018 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea Paula Quinteiro concedeu unha entrevista na revista 'El Salto' na que asegurou que o seu caso, que xerou unha crise interna no seo de En Marea por mor da súa implicación nun altercado coa Policía, foi "unha escusa" empregada por "unha minoría do espazo de unidade popular" para "tensar todo" o ámbito da esquerda rupturista en Galicia.

Paula Quinteiro, deputada de En Marea
Paula Quinteiro, deputada de En Marea | Fonte: Europa Press

Con esta entrevista, recollida por Europa Press, Quinteiro rompeu o seu silencio logo de máis de tres semanas desde as súas últimas declaracións públicas despois de saír a luz os feitos nos que se viu envolta durante a madrugada do 18 de marzo, cando foi identificada nun control policial por unha denuncia por vandalismo. Alí, como recolle o atestado, chegou a esgrimir a súa condición de deputada no Pazo do Hórreo.

Segundo Quinteiro, unha das "primeiras persoas" en ter constancia do ocorrido, que derivou nunha crise que acentuou as xa existentes diferenzas internas do espazo rupturista, foi, precisamente, o portavoz orgánico e parlamentario de En Marea, Luís Villares; quen, logo duns días nos que evitou exporse publicamente, pediu --de forma "persoal"-- a Quinteiro que abandonase a súa acta como deputada en contra da opinión da gran maioría do Grupo Parlamentario, que, días antes, acordara limitar as accións disciplinarias á apertura dun expediente.

"O propio domingo (despois dos feitos), a unha das primeiras persoas ás que chamei foi a Luís (Villares)", asegura a parlamentaria, membro de Podemos e afín á corrente Anticapitalistas. Deste xeito, após xustificar que gardase silencio para evitar "seguir avivando" unha polémica que cre xerada "de forma bastante artificial", Quinteiro defende que, na noite de autos, a súa "intención" foi "sempre" mediar nunha "situación de tensión entre un axente concreto e unha persona" que pretendía ser identificada pola Policía.

Así, asegura que, ao seu entender, tratouse dun "incidente menor", tal e como tamén defende o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e que, unha vez identificada esa persoa, os axentes deixaron ir ao grupo no que se atopaba Quinteiro durante a noite do sábado 18 de marzo. "Pedín desculpas por se algunha xente se sentiu incómoda. Eu non fixen nada malo nin utilicei a miña condición de parlamentaria para beneficiar a ninguén, nin dificultei o traballo policial en ningún caso", asegura. Con todo, na entrevista en ningún momento apuntou a unha dimisión, tal e como lle pide o Consello das Mareas.

VILLARES

"A primeira persona en ser informada, o domingo, foi precisamente o portavoz do grupo (Villares)", indicou a deputada, que afirma que o fixo para que o maxistrado lucense soubese "o que pasara por se podía ter calquera tipo de repercusión".

Os feitos transcenderon tres días despois. Nun primeiro momento, o Grupo Parlamentario de En Marea reuniuse até en tres ocasiones para abordar o asunto. Nestes encontros, a propia Quinteiro ofreceu explicacións que foron dadas por boas pola maioría dos seus compañeiros, que apoiaron, por maioría, a apertura dun expediente para coñecer os feitos.

Con todo, os órganos políticos de En Marea --a coordinadora (a executiva dun partido clásico) e o Consello das Mareas, ambos encabezados, do mesmo xeito que o Grupo Parlamentario, por Luís Villares-- si que reclamaron publicamente a renuncia de Quinteiro; unha corrente á que se sumou días máis tarde o propio portavoz.

Villares, logo de gardar silencio durante case dúas semanas, pediu publicamente a Quinteiro que presentase a súa dimisión en "un tempo razoable" ou a situación sería trasladada ás bases de En Marea, entre as que levaría a cabo unha consulta telemática sobre a continuidade da deputada. Nun primeiro momento, limitou este "tempo" a unha semana pero, transcorrido ese período, Villares matizou que non se trataba de "un ultimato" aínda que instaba a Quinteiro a tomar unha decisión "canto antes".

O SEU CASO, "UNHA ESCUSA"

"Eu penso que foi unha escusa para que unha minoría do espazo de unidade popular aproveitase a situación para tensar todo o espazo: o grupo parlamentario e mesmo as mareas municipalistas. Chégase a isto por irresponsabilidade e por falta de diálogo", asegura a parlamentaria, que defende que pola súa banda e pola do grupo "houbo moitos intentos de chegar a acordos" coa dirección que non chegaron a bo porto.

Nesta liña, incide en que o seu caso foi instrumentalizado por unha banda do espazo político do rupturismo en Galicia para sacar partida no "conflito" aberto entre "os dous modelos de proxecto político" que, di, conviven en En Marea.

"Creo que hai un sector minoritario de En Marea que aposta máis por un modelo de partido máis tradicional (máis clásico) e penso que somos maioría as que seguimos apostando por unha fórmula de unidade popular máis asamblear, máis horizontal e en constante movemento", di. Unha afirmación que chega xusto cando o seu partido, Podemos, aposta por un novo modelo que é o da coalición, que rompe, precisamente, o modelo asemblear.

A continuación, remarca que o Grupo Parlamentario é "o espazo máis amplo e que recolle maior número de sensibilidades" do ámbito rupturista. Por tanto, cre que o grupo debe ser quen teña a lexitimidade para tomar unha decisión en firme sobre o seu caso, en detrimento dos órganos políticos de En Marea --coordinadora e Consello--, controlados por, segundo Quinteiro, un "sector minoritario" que "non representa a pluralidade do conxunto do espazo".

DIVISIÓN INTERNA

Hai pouco máis dun ano, nas eleccións aos órganos de dirección de En Marea, Luís Villares, que encabezaba unha lista de consenso, chegou a acordos coas outras dúas candidaturas (auspiciadas por Cerna e un sector de Anova) que se presentaron ao proceso interno. Deste xeito, o maxistrado converteuse en único portavoz do partido instrumental en contra do defendido pola candidatura que el mesmo lideraba, que optaba por unha portavocía compartida.

"Á hora de conformar os distintos organismos é Villares o que rompe esta unidade e pacta cos sectores que son derrotados e que non representan tanto a pluralidade do espazo", apuntou Quinteiro, que acusa a estes "sectores minoritarios" de querer converter a En Marea en "un partido de corte máis clásico".

"Non estamos nunha disputa entre o grupo parlamentario e a dirección dun partido", incide, para logo culpar á dirección do partido instrumental de continuar "prolongando" o asunto en liña co que pretenden "algúns medios de comunicación e o PP".

Así as cousas, Paula Quinteiro reclamou unha "saída dialogada e fraterna" ao seu asunto e pide ao sector que controla a dirección de En Marea "que paren e reflexionen sobre o que están a facer" porque está "en xogo" o "espazo da unidade popular".

XOÁN HERMIDA RENUNCIA

Por outra banda, o que sería o substituto de Paula Quinteiro na Cámara, Xoán Hermida, ex coordinador da Marea de Pontevedra, anunciou que renunciría a entrar no Parlamento no caso de que a deputada de Podemos dimitira.

“Non se trata dun tema menor senón ‘o seguinte’ e que , non obstante, nun contexto onde a referencia ética debería estar nun primeiro plano renuncia a suceder a Paula Quinteiro, en caso de que a deputada sexa consecuente e dimita, para dignificar o proxecto político de En Marea”, indicou.

Precisamente, na disputa política entre os distintos sectores de En Marea, deputados de Podemos acusaron a Villares e ao seu grupo de presionar para que Quinteiro dimitira co obxectivo de que fora substituído por Hermida, afín ao voceiro parlamentario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

16 LKI

Nin ten que dimitir, nin vai dimitir. E fai ben. Por que o vai facer? Por ser vítima dunha montaxe mediático-policial? Está no parlamento co apoio de 107.422 votantes de Pontevedra, e só ante eles respostará. Ou queremos darlle ao PePé, a La Coz de Malicia e a un polícia condenado por violencia o poder de decidir quen se senta no Hórreo? É iso o que defendedes os trolls cipaios do BeNeGá, os parvos útiles do españolismo? Sodes patéticos.

1 Xanc

MareaPodemos apoia ao PSOE en: Valencia, Aragón, e agora vai apoialos en Madrid. Cal é o PSOE bo e cal o malo según os rupturistas??

2 Fer

Comunista I(n)dependentista, aos do Partido Podre e aos do BNG, tamén a La Voz de su Amo, encántalles manter a Paula Quinteiro como deputada para seguir tendo argumentos contra as Mareas de Podemos. Se non o entendes tes un problema dobre: de entendedeiras e de tragadeiras. Bon proveito, que fame non falta!

3 Fer

O PsoEspañol da deputación de Ponte Vedra, ou sexa o de Caballero e a limpa Carrmela Silva é bueno (merece o suicidio en Vigo, inmolados con gusto), tamén é bueno, óptimo para a causa nacional, o do enchufado Formoso na Coruña. Viva o PsoEspañol do Gal, de Felipe X, da Otan, de Magdalena Alvarez, de Roldan e Barrionuevo, de Pepe Bono, de Angrois e das gasolineras, de Pepiño Blanco, de Filesa, dos Eres, do 135 e do 155... Sabe que alimenta!

4 LKI

Existe En Marea en Valencia, Aragón e Madrid? Vaia cacau mental! O BeNeGá vai ter que cambiar de trolls, que estes non dan o nivel. E logo o troll francotirador ornea: "aos do Partido Podre e aos do BeNeGá, tamén a La Voz de su Amo, encántalles manter a Paula Quinteiro como deputada para seguir tendo argumentos contra as Mareas". Está ben admitilo, se non se inventan, non hai argumentos políticos en contra das Mareas, só os díxome-díxome, os sálvame-decaca, as troleadas-bloqueiras e a política de sumidoiro. A ver se entende o troll francotirador.

15 Fran do Covelo

Juan Merlo, o impresentable deputado que calificou a Marea de "patera asquerosa" acaban de pillalo noutra Cifuentes: currículo inflado! Temos á deputada bocazas Pam cun 'puta_coja', a Balsa e Duarte cun 'Villares_hijo_de_puta', coa deputada Paula Quinteiro aplaudindo mentres a tapaban da velada rupturista de espellos con exhibición de credenciais da casta, e agora outro que minte... Abonda xa: as ratas, sexan do PpsoE, de Ciumarranos, do BNG ou do PcE, son ratas! E Podemos está contaminado de ratas impresentables. Limpeza, dimisión dos Cifuentes de Podemos!!!

14 Pondaliao

Adiante o espazo rupturista, pola xente do común e a cidadanía agredida. Seguimos!!!

13 Marea... o alcool

Sempre dixen que estes ían facerlle un mal a Galiza e á esquerda terrible. Nunca tan lonxe estivemos de desaloxar do poder ao partido podre. E o peor é que vai quedar un montón de xente desilusionada, tirada..., ao mellor perdidos para sempre para unha política seria e de defensa do país galego. É ben certo que "quen con cativos se deita mexado se levanta". PD: ao mellor á señorita parécelle ben que se rompa un espello, que pode chegar a valer ata 1.000 euros dependendo do modelo de coche, sumando o prezo da peza e o tempo de colocación no taller. Simplemente nun coche dun proletario dos que di ela que defende vale entre 200 e 300 euros.

12 gripado de motor tipoA

paula... trata de arrincarlo por diosss... trata de arrincarlo....