A folga indefinida de axentes forestais e ambientais, cada vez máis preto

UXT e CIG ameazan co paro indefinido na campaña de alto risco, o que deixaría á Xunta "sen directores de extinción", ante os "incumprimentos" do Goberno galego sobre seguridade e saúde dos traballadores, e sobre a formación, horarios e soldo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/04/2018 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

Aumentan os problemas para a Xunta. Á folga indefinida dos funcionarios da Xustiza podería unirse agora outro paro tamén indefinido dos axentes forestais e ambientais. Sindicatos valoran a folga indefinida de axentes forestais e ambientais se a Xunta "non retoma as negociacións" sobre as condicións laborais deste colectivo, composto por unhas 550 persoas en toda Galicia.

Incendios en San Mamede
Incendios en San Mamede | Fonte: Europa Press

UXT e CIG ameazan co paro nos meses de alto risco, o que deixaría a Galicia "sen directores de extinción" durante a próxima campaña. As organizacións sindicais denuncian que o acordo sobre as condicións de traballo da escala de axentes forestais está "caduco e obsoleto", motivo polo que o Goberno galego, segundo apuntan, iniciou negociacións coas centrais logo da vaga de incendios de 2017. Pero "quedaron suspendidas de forma unilateral (...) en decembro", segundo censuran.

Nun escenario de "incumprimentos", UXT e CIG informan de que iniciarán unha rolda de asembleas polos centros de traballo para "valorar se deciden ir a folga indefinida na próxima campaña de incendios", en función do que determinen os traballadores.

"NINGUNHA ORDE DE HORARIOS VIXENTE"

"Estes profesionais veríanse obrigados a tomar esta decisión para garantir a seguridade e saúde dos traballadores, xa que no caso de sufrir un accidente non quedarían cubertos, pois non están regulados por ningunha orde de horarios vixente", critican.

Neste sentido, apuntan a unha primeira "promesa incumprida" sobre o acordo para a redacción dun novo regulamento de funcións da escala.

Un "segundo acordo", segundo engaden, comprometía formación da nova escala de axentes e tamén está "incumprido". O terceiro "incumprimento" ten que ver, precisamente, coa orde de horarios e de traballo "que regule unhas condicións dignas para este persoal", que, segundo afirman, "actualmente está a cobrar uns 14 euros por unha garda de 12 euros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Forest

550 son os q debería haber segun a regulacion de postos de traballo....pero existen vacantes sen ocupar e ocupadas por interinos...era ben saber cantos estan traballando realmente...esa sería unha boa noticia

1 Forest

550 son os q debería haber segun a regulacion de postos de traballo....pero existen vacantes sen ocupar e ocupadas por interinos...era ben saber cantos estan traballando realmente...esa sería unha boa noticia

1 De risa

E 10 plazas do 2014 sen convocar tamen hai.