GC Aberto
Temas: PRISIóN

Fútbol no Centro Penitenciario de Teixeiro

Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña) acolleu unha xornada deportiva cun partido de fútbol entre unha selección de internos e de universitarios do Colexio Maior La Estila e da Residencia Universitaria Tte. Xral. Barroso, ambos da Universidade de Santiago (USC).

Por CMEstila | GC ABERTO | 24/04/2018

Comparte esta noticia

O Colexio Maior La Estila coordinador desta actividade ven colaborando habitualmente con Teixeiro no fomento dunha das actividades que contan con máis aceptación no cárcere, o fútbol. Nesta ocasión tamén se sumaron residentes da Residencia Universitaria Tte. Xral. Barroso.

Centro penintenciario de Teixeiro
Centro penintenciario de Teixeiro

Esta práctica deportiva supón un elemento importante de colaboración no proceso de reinserción dos internos, que, ademais, por algunhas horas, ven alterada a súa monotonía diaria no Centro Penal. O Colexio Maior La Estila enmarca esta actividade dentro do seu programa de iniciativas sociais no que colaboran universitarios doutros centros e facultades da USC e que vai desde visitas a residencias de anciáns da cidade, asistencia a persoas da rúa, voluntariado hospitalario infantil no Hospital Clínico, recollida de comida para o banco de alimentos, ou un Campo de Traballo de Uganda, entre outras.

Temas: PRISIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta