Temas: CHUVIA CLIMA

Da seca, a récord de chuvias

Os cen primeiros días de 2018 sitúanse nos niveis máis altos de choiva en Santiago nos últimos 35 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2018 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela contabilizou, desde o mes de novembro, máis de 1.200 litros de choiva por metro cadrado, dos que 910 se correspónden cos cen primeiros días de 2018. Esta cifra, aínda que non bate os rexistros, sitúa a 2018 nos primeiros postos da relación de anos máis chuviosos desde 1983, segundo informou a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Un dos cen primeiros días do ano con choiva en Santiago de Compostela
Un dos cen primeiros días do ano con choiva en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Os datos recompilados polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller revelan que a lista dos anos con maior volume de precipitacións nos seus primeiros cen días está encabezada polos 1.413 litros por metro cadrado do ano 2001, rexistrados en 72 días distintos; seguido de 2014, con 1.098 litros metros cadrados en 79 días con precipitacións.

A continuación, atópase 2016, cando se recolleron 1.048 litros en 68 xornadas. Séguenlle os anos 2013 (1.003 litros en 80 dís), 1985 (924 litros en 64 xornadas) e o actual de 2018 (910 litros en 79 días).

OUTROS DATOS

O director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo, lembrou que no caso de 2001, o ano estivo precedido dun mes de decembro con "moitísima precipitación", xa que se recolleran 782 litros por metro cadrado. Aínda que con menores cantidades, unha situación similar ocorreu no mes de decembro, previo aos anos 2013, 2014 e 2018.

Á marxe das cantidades de choiva ou o número de xornadas con precipitacións, José Ángel Docobo manifestou que este ano "a sensación hiberniza longa viuse incrementada polas baixas temperaturas" que, neste primeiro período do ano, non superaron os 16,4 graos do 9 de marzo, cando a media das temperaturas máximas dese mes na capital galega sitúanse nos 22 graos.

No outro extremo, os dous anos con menos volume de precipitacións, e segundo os datos do observatorio, atópanse 2012, cando se recolleron 111 litros por metro cadrado en 34 xornadas, seguido do ano 2000, cando foron 231 litros por metro cadrado e 1993, con 264 litros por metro cadrado.

Temas: CHUVIA CLIMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta