Funcionarios de xustiza secundan unha nova protesta ante a presenza de Feijóo no centenario de Padre Rubinos

"Non nos queda outra que seguir por dignidade", asegura un dos seus portavoces

A CORUÑA | 19/04/2018 | Actualizada ás 18:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Funcionarios de xustiza na Coruña secundaron unha concentración nas inmediacións da institución benéfica Padre Rubinos, a onde se desprazaron con motivo da presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no centenario da entidade, un acto que contou coa presenza de Réinaa dona Sofía.

Ao redor de medio centenar de funcionarios congregáronse detrás dos valos habilitados na zona, con ampla presenza policial. Alí, corearon proclamas como 'Aquí está, aquí vese, a xustiza galega en pé'.

En declaracións aos medios, o portavoz do comité de folga na Coruña, Javier Fernández, culpou á Xunta de Galicia da ruptura das negociacións. "Prefiren non asinar un acordo por só nove euros ao mes", esgrimiu.

Tamén recalcou que iso suporá "manter a paralización da xustiza galega", ter "a avogados e procuradores afogados como eles din e aos cidadáns sen unha resposta".

Mentres, ratificou que, despois de romper as negociacións, non queda "outra que seguir". "Polas nosas lexítimas reivindicacións e por dignidade", expuxo Javier Fernández para quen o Executivo galego busca utilizalos "como exemplo para futuros colectivos que queiran reclamar".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta