Caballero pide cesar a Rueda se "non é capaz" de "arranxar" o conflito na Xustiza

O líder do PSdeG atribúe "prepotencia, incapacidade e falta de vontade política" á Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a cesar ao seu vicepresidente, Alfonso Rueda. Caballero pide esta decisión a Feijóo se o vicepresidente da Xunta "non é capaz" de "arranxar" o conflito que mantén aos empregados públicos de xustiza en folga desde hai máis de dous meses.

José Blanco e Gonzalo Caballero
José Blanco e Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press

En declaracións aos xornalistas despois de inaugurar unhas xornadas en Santiago, o líder dos socialistas galegos pediu a Feijóo "tomar cartas no asunto", porque "Galicia non pode seguir vendo a súa xustiza paralizada".

Para Caballero, "o cesamento de Rueda tíñase xa que terse producido hai semanas ou hai meses", posto que un sector "fundamental" está "paralizado" por "a prepotencia, a incapacidade e a falta de vontade política" tanto de Feijóo como do vicepresidente. "O tema da xustiza en Galicia en mans de Rueda vai de mal a peor. Cada vez que Rueda aparece, o problema é máis conflitivo", lamentou o secretario xeral do PSOE galego.

"Se un conselleiro de Xustiza non é capaz de atender o seu sector e ponse en pé de guerra e traslada informacións inexactas ou sesgadas ou directamente falsas sobre a situación, ese conselleiro non vai ser capaz de articular no tempo necesario unha solución a un problema crecente e preocupante", profundou Gonzalo Caballero.

O conflito, na súa opinión, "non é xa un tema estritamente do conselleiro competente, que manifestou a súa incompetencia de forma permanente" e "o presidente da Xunta ten que tomar cartas no asunto".

"UN NOVO CONSELLEIRO"

No caso de que Rueda non sexa "capaz" de resolver esta crise, "o presidente da Xunta ten que cesar ao seu conselleiro para que un novo conselleiro sexa capaz de darlle á xustiza galega un escenario de diálogo e de solución".

Isto, coa vista posta en que "os avogados, os traballadores da xustiza, os procuradores e sobre todo os cidadáns que van á xustiza por calquera tipo de cuestión poidan acudir a unha institución que é fundamental para que funcione unha sociedade democrática e un estado de dereito".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 fora co subsodicho

LEMBRADE AS QUE FIXO: durante a vaga de luMes do mes de outubro dixo que arderán 50 mil hectáreas e seica que despois foron 70 mil hectáreas, fixo engano de 20 mil hectáreas, tamen o 112 estaba sen rueda, estaba fora de servizo o xefe de sala, falaban de furan de ventos e despois ardeu por todos lados, pois tiñan tolos retardados polo monte, incluso facendo churrascos en medio dos toxos e das xestas outros menos listos se é posible, fan tortilla de patacas e a inicial con panos empapados en gasolinas, morreron moitas persoas, foron victimarias, arderon casas e coches e fabricas... o pobo tiña medo e os informes de rueda (xefe apócrifo do 112) non traían a tranquilidade precisamente... RUEDA VALENCIANO DIMISION OU CESE!!!!