A factura da luz, a política forestal e as pensións, temas que se debaterán no pleno desta semana

A factura da luz, a política forestal de cara á nova temporada de alto risco de incendios, as pensións e a educación superior serán algúns dos temas que os deputados do Parlamento galego debaterán no pleno que arrinca o martes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2018 | Actualizada ás 12:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A factura da luz, a política forestal de cara á nova temporada de alto risco de incendios, as pensións e a educación superior serán algúns dos temas que os deputados do Parlamento galego debaterán no pleno que arrinca o martes.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en el pleno del Parlamento
El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en el pleno del Parlamento | Fonte: Europa Press

A Xunta de Portavoces fixou a pasada semana a axenda da próxima sesión plenaria, na que comparecerá o conselleiro de Economía, Francisco Conde, para informar as directrices de enerxía; así como a titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que abordará o futuro da Política Agraria Común (PAC).

O pleno comezará en martes co debate da toma en consideración de dúas leis. Así, o Bloque defenderá unha proposición de lei para dotar a Galicia dunha tarifa eléctrica propia que permita reducir a factura da luz nun 15%. Ademais, En Marea, pedirá derrogar a reforma da Lei Xeral de Seguridade Social que aproba o factor de sustentabilidade das pensións.

Así mesmo, na sesión de control do mércores, os nacionalistas preguntarán ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola política forestal ante o inicio do período de alto risco de incendios e En Marea pediralle explicacións sobre as cifras de execución dos orzamentos de 2017 en materia de formación para desempregados.

Pola súa banda, os socialistas reclamaranlle a implicación da Xunta para garantir o acceso igualitario aos estudos de máster públicos. Todo despois do escándalo sobre a lexitimidade do título da presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes.

PENSIÓNS

No pleno, ademais da proposición de lei de En Marea sobre pensións, tamén debateranse iniciativas do BNG e PSOE sobre esta materia. Así, os nacionalistas proporán a subida das non contributivas a través do incremento do complemento autonómico en 100 euros mensuais das prestacións que non chegan aos 400 euros. Pola súa banda, os socialistas esixirán "pór freo" á perda de poder adquisitivo das pensións e vincular a súa revisión ao IPC.

Os socialistas tamén inclúen na orde do día distintas iniciativas en materia de educación e unha proposición non de lei para esixir á Xunta que estenda a gratuidade do transporte público para mozos ao sector rural.

A iso súmanse as medidas de En Marea para loitar contra a discriminación por xénero no ámbito laboral ou a petición da anulación da subida das peaxes da AP-9 ao seu paso pola Ponte de Rande.

Pola súa banda, os populares defenderán demandar ao Goberno central a inmediata posta en marcha da Tarxeta Social Universal, así como que a Xunta desenvolva o Plan Estratéxico da Conserva Horizonte 2020 e inicie a elaboración do Plan Estratéxico do Conxelado. Ademais, tamén se interesarán pola ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta